Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 10 de febrero de 2016

Resultados fin de semana 31 de xaneiro

CAMPEONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE CROSS. MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO DE CROSS

Friol acollía por tercer ano consecutivo o evento máis importante da temporada invernal de cross que se disputa na nosa comunidade, o Campeonato Galego de Cross Corto por equipos, o Campeonato Galego Cadete e Xuvenil, ademáis do Memorial Alejandro Lorenzo de Cross, e no cal tomaron parte 45 atletas do club, que tiveron unha destaca participación en todas as probas e onde se lograban un total de catro podiums.

A categoría benxamín era unha das que máis alegrías daba a nosa delegación neste evento que se disputaba na casa, xa que ambos equipos lograban subir o caixón do pódium en tercer lugar. Así, os compoñentes da carreira masculina foron Mateo Aguiar (15) Samuel Villar (19), Marcos Varela (23), Abel Fágil (25), Mateo Sánchez (29), Iván Neira (30), Alexis Castedo (34) e Paulo Maneiro (35). Os integrantes do equipo femenino foron Aldara Ceide (9), Ánxela Maneiro (15), Eva Rose Merchant (23) e Noa Mouriz (33).

Na proba alevín masculina, David Fariñas rozaba o pódium, xa que lograba a cuarta posición, mentras que o seu compañeiro de equipo Juan David López finalizaba no posto 12. Jesús Fagil e Mario Campos finalizaban no posto 39 e 41 respectivamente. O equipo acadaba o quinto posto neste Memorial. Na categoría femenina, o noso equipo finalizaba no séptimo posto, cas integrantes formadas por Rebeca Arias (38), Andrea Espiñeira (42), Leire Santos (47), Molly Jane Merchant (49), Manuela Gil (53).
 

Xa na categoría infantil, gran carreira a de Noelia Sánchez, que se impoñía diante da afición local, ademáis dunha gran actuación do resto do equipo, xa que Lucía Varela era sexta, Andrea Fariñas lograba o posto 12, Noa Fagil o 25, Paula Piñón o 33 e Lucía Neira o 51. Con estos postos, o equipo infantil femenino lograba acadar a victoria por equipos. No capítulo masculino, Noel Villarábide entraba no quinto posto, mentras que a actuación dos seus compañeiros era a seguinte: Samuel Castedo (20), Mateo Jaúregi (24), Juan Zas (44), Unai Frias (47) e Alejandro Rebolo (49). O equipo lograba a quinta posición final.

Polo que respecta os cadetes masculinos, o equipo lograba o oitavo posto, sendo o máis destacado Cristian Santos no posto 21. Miguel Angel Sánchez entraba no posto 41 e Marcos Burgo no 50, mentras que Angel Martínez o facía no posto 71. Na categoría femenina, rozando de novo postos de podium estaba María Carballido, que lograba finalizar nunha brillante quinta posición, mentras a súa compañeira de equipo Vanesa Blanco entraba no posto 41.

Por último, na categoría xuvenil, Adrián Lage lograba a novena posición despois dunha dura carreira nun circuito moi esixente.
 
 
 
LUGO MONUMENTAL
 
Presencia do noso club na proba Lugo Monumental, onde se lograban dous fenomenales pódiums nas categorías inferiores. Así, Carla Reija gañaba a carreira da categoría A, mentras que a súa inrmán Andrea Reija lograba a súa posición na categoría B.
 
Polo que respecta as proba absoluta, o mellor clasificado foi Jesús Rivas, que lograba finalizar no posto 131 cunha marca de 40.24 minutos. Diego Trigo finalizaba no posto 243 da categoría masculina, mentras que Paula García o facía no posto 343 e Ester Mourenza o facía no 344



No hay comentarios:

Publicar un comentario