Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 7 de marzo de 2016

Resultados fin de semana do14 de febreiro

CAMPEONATO GALLEGO DE MARCHA EN RUTA. A POBRA DO CARAMIÑAL.
Gran actuación dos atletas do noso club no campeonato gallego de marcha en ruta, que se disputou na vila pontevedresa de A Pobra do Caramiña, e onde se lograban un total de catro pódiums, ademáis dunha gran actuación de todo o grupo.
Comenzaba a xornada vespertina coa actuación dos atletas da categoría alevín, onde Mario Campo facía unha carreira en progresión, e lograba a medalla de prata nos 2 km marcha cun crono de 13.17 minutos. A súa compañeira de equipo lograba o décimo posto cun rexistro de 14.11 minutos.
Polo que respecta a actuación dos infantiles, Noelia Sánchez lograba tamén o subcampeonato autonómico, o lograr o segundo posto cun crono de 16.01 na proba dos 3 km marcha, mentras que a súa compañeira Nerea Lage entraba no cuarto posto cun tempo 18.08 minutos.
Gran actuación dos cadetes, no que Vanesa Blanco lograba o terceiro posto despois dunha dura loita cas súas compañeiras, facendo un tempo de 29.57 minutos. Os seus compañeiros de equipos facían tamén unha gran proba, xa que Marcos Burgo lograba a terceira posición cun tempo de 27.16 e Miguel Ángel Sánchez a cuarta cun crono de 27.21 minutos. Os tres logran o seu pase o Campeonato de España de Marcha por Federacións que se disputa en Motril (Granada), onde formarán parte da selección galega.
 
CAMPEONATO GALLEGO DE COMBINADAS. LUGO


María Carballido era a nosa representante no Campeonato Gallego de Combinadas de Pista Cuberta que se disputou na cidade de Lugo, e onde María lograba unha brillantísima tercerira posición, que lle otorgaba, polo tanto, o tercer escalafón do pódium autónomico.
María facía unhas marcas de 11.01 segundos nos 60 metros valos, 1.40 metros no salto de altura, 8.12 metros no lanzamento de peso, 3.92 metros no salto de lonxitude e 1.47 minutos nos 600 metros, que lle otorgaban un total 2.442 puntos, dándolle esa terceira posición final.
 
2ª XORNADA COPA DIPUTACIÓN DE LUGO
Paralelamente a esta proba, se disputaba a 1ª Xornada da Copa Diputación de Lugo, onde tomaba parte dous atletas do club na proba dos 800 metros lisos. Así, Cristian Montecelo lograba a segunda posición cun crono de 2.05 minutos e o seu compañeiro Adrián Lage era terceriro cun tempo de 2.06.
 
3ª XORNADA COPA DIPUTACIÓN DE LUGO
Nesta ocasión, volvía a tomar parte o atleta Cristian Montecelo nesta nova xornada atlética da Copa Diputación. E esta vez por partida doble.
Así, nos 800 metros lisos, Cristian lograba a segunda posición cunha marca de 2.04 minutos, marca que supón unha nova MMP, mentras que nos 60 metros valos da categoría junior lograba a victoria cun tempo de 10.21 minutos.
 
I CROSS CONCELLO DE LUGO
Presencia de dous atletas do club no I Cross Concello de Lugo para as categorías inferiores, e onde se lograba un pódium a cargo de Lucía Varela, que lograba a segunda posición na categoría infantil femenino. Polo súa parte, Mateo Jaúregi entraba na quinta posición na categoría infantil masculino.

CAMPEONATO PROVINCIAL DE CROSS. VILLALBA
 
Villalba volvía a ser sede un ano máis do Campeonato Provincial de Cross para as categorías inferiores inscritas no Plan Xogade, e na cal tomaron parte 45 atletas do club, que tiveron unha destacada actuación, e onde lograron un total de 6 pódiums.
 
Así, as nenas da categoría benxamín femenino lograban a terceira plaza do pódium. A máis destacada desta categoría foi Carla Reija, que lograba a quinta posición. Aldara Couce (16),Ánxela Maneiro (19) e Eva Rose Merchant (23) completaban a actuación do equipo.
 
O equipo benxamín masculino finalizaba na séptima posición, Mateo Aguiar no posto 16 era o primeiro do club en meta, mentras que Abel Fagil (30), Iván Neira (41) e Lucas Castiñeira (44) completaban o equipo.
 
Polo que respecta os alevines, na categoría femenina lograban a séptima plaza. Rebeca Arias(16), Andrea Espiñeira (31), Leyre Santos (37) e Molly Jane Merchant (37) eran as integrantes do equipo. Na categoría masculina, David Fariñas lograba o quinto posto, mentras que a actuación dos seus compañeiros era a seguinte: Javier Lourés (29), Jesús Fagil (34), Gael Martínez (44) e Mario Campo (46). Por equipos, sextos.
 
Xa na proba infantil, o equipo femenino acadaba a segunda posición no pódium. A mesma posición para Noelia Sánchez na proba individual. Lucía Varela era sexta e Andrea Fariñas, séptima. Nerea Lage entraba no posto 17, Noa Fagil no 23, Paula Piñón no 25 e Ana Villar no 31. Na categoría masculina, o equipo era cuarto, sendo o máis destacado Noel Villarábide, que lograba a quinta posición. Mateo Jaúregui lograba o posto 15, Samuel Castedo o 24 e Unai Frias o posto 34.
 
Por último, nos cadetes, as nenas lograban o tercer escalafón do pódium. María Carballido lograba o cuarto posto, Vanesa Blanco entraba na sexta posición, Andrea Reija o facía no décimo, Lúa Martínez no 16 e Carla Soraya Sáinz-Maza o facía no posto 26. Entre os nenos, destacar o segundo posto de Cristian Santos. Marcos Burgo lograba a oitava posición, Miguel Ángel Sánchez a décima e Ángel Martínez finalizaba no posto 17. Por equipos lograban o subcampeonato provincial

No hay comentarios:

Publicar un comentario