Atletismo Friol

Atletismo Friol

martes, 26 de abril de 2016

Resultados fin de semana 5 de marzo

CAMPEONATO GALEGO BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL DE PISTA CUBERTA. A CORUÑA
 
O pasado sábado5 de Marzo se disputou no estadio de Riazor da cidade herculina un novo campeonato galego das categorías inferiores do atletismo galego, e onde estivo representado o noso club, que tivo unha destacada actuación e que lograba un total de catro podiums, repartidos nun total de dous ouros, unha prata e un bronce.
 
Así, a primeira medalla de ouro viña a cargo de Paula Piñón, na proba do lanzamento de peso, onde se proclamaba campeona galega cun mellor lanzamento de 9.44 metros. Tamén brillaba Noelia Sánchez, que lograba a medalla de ouro na proba dos 2.000 metros lisos, onde marcaba un crono de 6.59 minutos. Pola súa parte, a xoven Carla Reija gañaba a medalla de prata na proba dos 1.000 metros lisos benxamín, cun tempo de 3.58 minutos. Xa por úlitmo, nesta mesma carreira Lucía Varela era terceira na categoría infantil cun tempo de 3.22 minutos.
 
O resto da actuación do equipo foi tamén fenomenal, xa que na categoría masculina Jorge Santos lograba o quinto posto na proba de lanzamento de peso infantil. Na mesma categoría, Samuel Castedo era quinto en salto de altura e sexto en triple salto, mentras que o seu compañeiro de equipo, Mateo Jaúregi, lograba a oitava posición nesta mesma proba. David Fariñas tamén era quinto na proba de salto de altura alevín, mentras que Alexis Castedo conquería a duodécima posición no salto de altura benxamín.
 

Entre as chicas, Paula Piñón lograba outra gran actuación na proba dos 50 metros valos, onde era cuarta, mentras que a súa compañeira Lucía Varela lograba o quinto posto no salto de altura infantil. No salto de altura benxamín, Carla Reija era novena e Noa Mouriz lograba a duodécima posición. Na categoría infantil, Andrea Fariñas era novena na proba do salto de altura. Por último, Aldara Ceide, lograba a duodécima posición nos 1.000 metros da categoría benxamín.
 
 
CAMPEONATO GALLEGO CADETE DE PISTA CUBERTA. A CORUÑA
 
Turno para os tres atletas do club que estiveron presentes en Riazor con motivo da disputa do Campeonato Galego Cadete de pista cuberta. Tamén eles estiveron a gran nivel, e lograban dous podiums, neste caso foron os dous de bronce.
 
Así, María Carballido lograba o terceiro posto na proba dos 600 metros lisos, onde corría moi ben tácticamente e onde lograba un crono de 1.45 minutos, que supón unha MMP. Pola súa parte, Cristian Santos tamén conquería a medalla de bronce na proba dos 3.000 metros liso cun tempo de 10.27, que tamén supón una MMP.
 
Andrea Iglesias lograba a oitava posición cun mellor lanzamento de 8.25 metros, mentras que María tamén tomaba parte na proba de salto de altura, onde lograba a novena posición.
 
 
 
I XORNADA DE PISTA TROFEO DIPUTACIÓN
 
Tamén se disputou na xornada do sábado a I proba Trofeo Diputación de Lugo de Atletismo e na cal tomaron parte Andrea Iglesias e Adrián Lage. Bos resultados para ambos, xa que Andrea Iglesias facía un MMP na proba de lanzamento de disco cun mellor lanzamento de 26.26 metros, mentras que Adrián Lage facía o propio na proba dos 800 metros lisos cun tempo de 2.05 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario