CAMPEONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS. A ESTRADA
Gran actuación dos nenos e nenas do noso club no Campeonato Galego de Cross Escolar, que se disputou na vila pontevedresa de A Estrada, e onde o equipo de atletismo do noso colexio foi o máis laureado dos participantes, cun total de cinco podiums.
O gran triunfo da xornada matinal foi o título de campeón autonómico por parte do equipo infantil femenino. Noelia Sánchez, Lucía Varela, Andrea Fariñas, Nerea Lage, Noa Fagil e Paula Piñón eran as compoñentes deste histórico triunfo.
Pola súa parte, Noelia Sánchez lograba o subcampeonato galego individual na mesma categoría, nunha gran carreira onde a súa compañeira de equipo Lucía Varela lograba a medalla de bronce.
Tamén moi destacada foi a actuación de María Carballido na categoría cadete, xa que lograba a medalla de bronce nunha carreira moi disputaba e onde lograba o seu tercer metal en campeonatos galegos en menos dun mes. O equipo masculino cadete masculino lograba o quinto podium da xornada, xa que gracias a actuación conxunta de Cristian Santos, Marcos Burgo e Miguel Ángel Sánchez se lograba a medalla de bronce.
Por última, moi meritoria a actuación de Noel Villarábide, David Fariñas e Vanesa Blanco, finalizando todos eles entre os 20 primeiros clasifiacados das súas respectivas categorías.
CORRE CON NÓS. AS TERMAS
Tamén se disputou a segunda proba do circuito lucense “Corre con Nós”, que nesta ocasión se disputaba nas inmediacións do centro comercial do mesmo nome. Jesús Rivas finalizaba no posto 99 da clasificación xeral, mentras que Manuel Ceide o facía no posto 350.
Polo que respecta a clasificación de menores, Aldara Ceide lograba a séptima posición na categoría A, mentras que a súa compañeira Ánxela Maneiro o facía no posto 11. Paulo Maneiro finalizaba no posto 42 na mesma categoría
No hay comentarios:
Publicar un comentario