Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 26 de septiembre de 2016

Resultados fin de semana 18 de setembro

CARRERA DE LA MUJER

O pasado domingo 18 de Setembro se disputou en A Coruña a Carrera de la Mujer, onde o igual que anos anteriores contaba con respresentación de varias atletas do club, que tomaron parte nesta proba de carácter solidario.

Moi salientable foi a participación das nosas nenas, que obtiñan un total de cinco pódiums. Noelia Sánchez lograba a quinta posición absoluta nesa proba, mentras que a súas compañeiras de equipo María Carballido e Nerea Lage lograban a undécima e decimoterceira posición respectivamente sobre un total de 6.500 participantes. Pola súa parte, Vanesa Blanco remataba no posto 91 da xeral.

Tamén tomaban parte nesta proba as atletas do club Ester Mourenza, que lograba entrar en meta no posto 482 da clasifación e Paula García, que o facía no posto 2.492. 

Esta actuación lle servía o club para lograr a victoria por equipos a nivel absoluto, mentras que na categoría de 12 a 15 anos, Noelia, María e Nerea lograban as tres primeiras posición nese orde. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario