Atletismo Friol

Atletismo Friol

viernes, 14 de octubre de 2016

Resultados Fin de semana 2 de outubro

SPARTATHLÓN. (GRECIA)
Fantástica actuación do chantadino Fernando Ibarra na clásica Spartathlón (Grecia), no que é considerada a mellor proba do ultrafondo do mundo, e onde o Fernando volveu a ter unha épica actuación. A proba consiste en cubrir os 246 km que separan as ciudades de Atenas e Esparta e onde os atletas teñen un máximo de 36 horas para cubrir esa mítica distancia.
Fernando, que debutaba nesta gran proba deportiva e a cal acuden 400 atletas de todo o mundo por invitación (hai que ter un excelente currículo deportivo para que a organización te acepte), lograba rematar no posto 143 da xeral, algo de gran importancia para un debutante que o máximo obxetivo é rematar a proba. O facía ademáis cun crono de 34.40 horas, e remontando no último parcial máis de 50 postos.

CARREIRA POPULAR “VAL DAS FABAS”. LOURENZÁ.

O pasado domingo 2 de Outubro se disputou en Lourenzá a VII edición da Carreira Popular “Val das Fabas”, na cal tomaron parte catro atletas do noso club e onde se obtiveron un total de tres pódiums.

Así, Adrián Lage era o máis destacado da xornada, xa que ademáis de lograr a victoria na categoría xuvenil/júnior, tamén lograba un meritorio quinto posto na clasficación absoluta. Tamén moi meritoria a victoria na categoría cadete de Vanessa Blanco, mentras que os seus compañeiros de equipo Cristian Santos e Miguel Ángel Sánchez lograban o segundo e cuarto lugar na categoría cadete masculino, respectivamente.


MEDIA MARATÓN BURELA E CARREIRA MONTAÑA FLUVIAL
Tamén participaron nos últimos fins de semana Jesús Rivas e Ester Mourenza en distintas probas atléticas. Así, en Burela, Jesús Rivas lograba o posto 15 da xeral na Medio Maratón cun crono de 1.36 horas, mentras que Ester Mourenza o facía nunha proba de 7 km, rematando no séptimo posto da mesma.
Jesús tamén competía na Carreira de Montaña do Club Fluvial, onde lograba o posto 16 da xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario