CARREIRA PEDESTRE DE SANTIAGO.
O pasado domingo 30 de Outubro se disputaba en Santiago a 39ª Edición da
 Carreira Pedestre de Santiago, sen dúbida, unha das máis importantes 
probas do calendario atlético galego, e na cal o club volvía a ter unha 
destacada actuación, xa que lograba a segunda posición por equipos na 
categoría escolar, sendo superado únicamente polo club local, o 
Atletismo Santiago. Ademáis tamén se lograban dous pódiums a nivel 
individual.
Así, Noelia Sánchez se despedía da categoría infantil cunha solvente 
victoria nesta carreira, logrando así revalidar a victoria conquerida o 
ano pasado. Ademáis, facía o cuarto posto da xeral na carreira conxunta 
cas cadetes e xuveniles. Pola súa parte, María Carballido facía bo o seu
 estado de forma, e lograba a segunda posición na súa despedida da 
categoría cadete.
Moi cerca do pódium quedaba Nerea Lage, que entraba en cuarta posición, 
mentras que David Fariñas era quinto na categoría alevín. A súa irmán 
Andrea quedaba en sexta posición na proba infantil, o mesmo que o seu 
compañeiro Noel Villarábide na proba masculina, mentras que Adrián Lage 
entraba en séptima posición na categoría xuvenil.
Vanesa Blanco era decimocuarta na categoría cadete, mentras que os seus 
compañeiros na proba masculina Cristian Santos, Marcos Burgo e Miguel 
Ángel Sánchez eran decimoquinto, decimosexto e decimoséptimo 
respectivamente.
Pola súa parte, na proba absoluta, Jesús Rivas lograba o posto 190 da 
xeral, mentras que Ester Mourenza facía o posto 413 das féminas. 

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario