CARREIRA POPULAR SAN MARTIÑO. OURENSE
Gran actuación dos nosos nenos e nenas na San Martiño de Ourense, a
proba máis numerosa de cantas se disputan na xeografía galega, e onde
lograban un total de 3 pódiums nesta importante cita atlética.
Así, a gran protagonista da xornada era María Carballido, xa que lograba
a victoria na categoría xuvenil. Pola súa parte Adrián Lage lograba un
estupendo segundo posto nesta categoría xuvenil, mentras que a súa
compañeira de equipo debutaba na categoría cadete cun gran terceiro
posto.
Moi salientable foi a actuación de todos os demáis nenos nesta proba que
reunía a casi 5.000 deportistas nunha matinal típica destas datas. Así,
na categoría infantil masculino, David Fariñas lograba a oitava
posición, mentras que Javier Lourés o facía no décimo posto e Juan David
López no posto 32. Na categoría infantil femenina, Leyre Santos ocupaba
o posto 138 e Andrea Espiñeira o 139.
Polo que respecta os cadetes, sexto posto para Cristian Santos, décimo
para Marcos Burgo, posto 55 para Samuel Castedo, 84 para Jorge Santos,
89 para Juan Zas, 113 para Alejandro Fernández e 165 para Unai Frias. En
canto as nenas, ademáis de Noelia, Andrea Fariñas acadaría o oitavo
lugar, Nerea Lage o décimo e Vanesa Blanco o posto 23. Miguel Ángel
Sánchez entraba no posto 28 e Angel Martínez no 65.
Polo que respecta a proba dos adultos, Fernando González finalizaba no
1776 da xeral, mentras que Carmen Expósito o facía no 532 da
clasificación feminina.
MEDIA MARATÓN VILLAGARCÍA.
Tamén houbo representación na Media Maratón de Vilagarcía. Así, Jesús
Rivas finalizaba no posto 55 da xeral, marcando en meta un crono de 1.25
horas, mentras que Ester Mourenza acadaba o posto 23 cun tempo de 2.20
horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario