CAMPEONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. CANGAS
A gran noticia da xornada estivo no Campeonato Galego de Marcha en ruta que se disputou na vila pontevedresa de Cangas do Morrazo, onde participaba o atleta Héctor Rodríguez na categoría cadete.
Pois ben, este neno lograba un gran éxito, xa que se proclamaba campeón galego de marcha na categoría cadete. O discípulo de José Peña lograba imporse no 5 km en ruta cun crono de 30.50 minutos, o que lle da o pase directo o Campeonato de España por Federacións que se disputará o vindeiro 16 de Febreiro en Murcia.
Noraboa a Héctor e o seu adestrador por este gran resultado.
2ª PROBA CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR. MONFORTE
Disputouse este sábado 1 de Febreiro a segunda proba clasificatoria do Campo a Través Escolar, na cal tomaron parte cerca de trinta atletas das categorías inferiores do club, e na cal se obtiveron uns excelentes resultados. O noso club foi o dominador nesta ocasión, logrando a victoria por equipos en cinco categorías e un segundo posto. Ademáis, a nivel individual se lograron un total de 11 podiums.
Así, na categoría benxamín masculino, David Fariñas lograba a victoria, por diante do seu compañeiro de equipo Juan David López.
Polo que respecta a categoría alevín, a máis destacada foi Andrea Farías, que lograba a victoria. Na proba masculina, gran carreira a de Samuel Castedo, xa que entraba en segunda posición.
Na proba infantil masculina houbo un triplete dos nosos nenos. Cristian Santos, Adil Loussini e Marcos Burgo lograban as tres primeiras posicións neste mesmo orden. Na proba femenina, María Carballido entraba en segunda posición.
Polo que se refiere os cadetes, triunfo para Gael Jaúregi, por diante do seu compañeiro de equipo Adrián Lage. Entre as nenas, destacou a victoria de Andrea García.
Por equipos, victoria para o benxamín masculino, para o alevín femenino, para o infantil masculino e para os equipos cadetes masculino e femenino. O alevín masculino lograba a segunda posición.
Outro podio acadado este fin de semana por un atleta do noso equipo. Suso Rivas acadou o segundo posto no I Cross Country de Vilalba (12º na clasificación xeral), mentres Ester Mourenza chegaba na quinta posición da súa categoría.
Noraboa a estes e os demáis participantes polo seu grado de compromiso tanto para este deporte como para o club, xa que incluso algún neno e nena cadete competiron con lixeiras lesións que levan arrastrando esta tempada. Dende aquí non queda outra que felicitalos e agradecerlles o seu bravo comportamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario