Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 10 de febrero de 2014

Resultados Fin de semana 8 de febreiro

CAMPEONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA. A CORUÑA

O pasado día 9 de febreiro se celebrou na cidade de A Coruña o Campeonato Galego Cadete de Pista Cuberta, onde o club estivo representado con dous atletas, que tiveron unha destacada actuación no momento máis importante da temporada de pista cuberta.

O gran éxito foi a medalla de ouro do atleta Pablo Piñón, na proba de salto de altura. O novo campeón galego cadete facía un mellor salto de 1.42 metros, o que lle valía para inaugurar o seu palmarés autonómico.

Pola súa parte, tamén moi boa a actuación de Gael Jaúregi, que lograba a quinta posición nos 1.000 metros lisos cun crono de 2.59 minutos. Noraboa os atletas pola súa gran actuación e tamén o seu adestrador José Peña

CAMPEONATO GALEGO JUNIOR DE PISTA CUBERTA. A CORUÑA


Tamén no mesmo fin de semana, pero na xornada anterior, se disputou no mesmo recinto cuberto de Riazor o Campeonato Galego Junior de Pista Cuberta, onde tamén o noso club tivo a representación dun único atleta.

Tras máis de dous anos alexado da competición, debutaba co noso club o atleta Iago Setién, que participaba na proba dos 800 metros, onde finalizaba na séptima posición cun crono de 2.21 minutos.

CAMPEONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS. VILLALBA

O domingo 9 de febreiro disputouse na localidade lucense de Villalba o Campeonato Provincial de Campo a Través, onde estiveron presentes cerca de 30 atletas das categorías inferiores do club. Moi bos os resultados acadados polos nosos nen@s, xa que se lograron un total de cinco podiums, con dúas platas e tres bronces.

As medallas de plata foron logradas pola atleta cadete Ana Varela, que firmaba unha moi intelixente carreira na proba da súa categoría. A outra medalla de plata viña a cargo do equipo cadete masculino integrado por Alex López, Adrián Lage e Tino Villar.

Os bronces foron logrados por Adrián Lage na proba cadete masculina, nunha carreira de

menos a máis, por David Fariñas na categoría benxamín masculino, e por último, polo equipo infantil masculino integrado por Cristian Santos, Miguel Ángel Sánchez, Ángel Martínez e Adil Loussini.

Tamén por equipos destacaron os alevines, xa que o equipo femenino lograba a cuarta posición e o masculino a quinta.

Por último, ademáis de todos os atletas citados, lograron a súa clasificación para o campeonato galego Cristian Santos e María Carballido na categoría infantil.

GALICIA MÁXICA TRAIL ADVENTURE 2014. MOAÑA

Por último tamén contamos ca presencia do atleta senior Suso Rivas na primeira proba

puntuable para o circuito galego de carreiras de montañas, o GMTA, que tivo lugar o domingo en Moaña.
WebRep
currentVote
noRating
noWeight

No hay comentarios:

Publicar un comentario