Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 26 de febrero de 2014

Resultados Fin de semana 23 febrero


JORNADA DE MENORES COPA DIPUTACIÓN DE LUGO. PISTA CUBERTA
 
O pasado sábado 22 de Febreiro disputouse no Módulo Cuberto de Lugo unha xornada de promoción das categorías de menores, na cal tomaron parte 3 atletas do noso club pertencentes a categoría infantil.
 
Na proba de triple salto, Cristian Santos firmaba a terceira posición cun mellor salto de 7.66 metros. Pola súa parte, Vanesa Blanco lograba a quinta posición da categoría femenina nesta misma proba cunha marca de 7.48 metros.
 
Polo que respecta a proba dos 1.000 metros lisos, Cristian Santos lograba a segunda posición cun crono de 3.26 minutos, mentras que entre as nenas María Carballido entraba en quinta posición cun crono de 3.35 minutos, mentras que a súa compañeira Vanesa Blanco lograba a séptima posición cun tempo de 3.51 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario