XXXVII MEMORIAL GREGORIO PÉREZ RIVERA. LUGO
Disputouse en Lugo o pásado sábado 12 de Abril o Memorial Gregorio Pérez Rivera, na cal estiveron presentes catro atletas do noso club, logrando un podium.
Este chegou a través da atleta Maria José Molejón, que lograba a segunda posición na categoría de veteranas na proba dos 1500 metros lisos, despois de acadar un rexistro de 7.07 minutos.
Na proba de lanzamento de disco, a tamén veterana Marta Sureda, lograba un valioso séptimo posto final, despois de mandar o artefacto a 20.03 metros, no que era o seu debut nesta disciplina.
Por último, os atletas cadetes Gael Jaúregi e Pablo Piñón lograban as súas MMP na proba dos 1000 metros, despois de finalizar esta proba cuns cronos de 2.59 e 3.08 minutos respectivamente. Gael acadaba a novena posición e Pablo a 13ª.
CARREIRA POPULAR IMPLICADAS. OLEIROS
Tamén houbo representación na carreira popular das Implicadas, que se disputaba na vila coruñesa de Oleiros, e na cal estivo presente o atleta Fernán López, que acadaba un meritorio podium na categoría de veteranos de máis de 45 anos, o rematar terceiro na citada categoría.
Ademáis, Fernán lograba o 17º posto da xeral logrando un crono 19.32 nos máis de 5 km dos que constaba o circuito de Oleiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario