Atletismo Friol

Atletismo Friol

martes, 29 de abril de 2014

Resultados Fin de semana 27 abril

CARREIRA POPULAR DE OROSO.

O pasado fin de semana  celebráronse varias probas carreiras populares por toda Galicia, e nalgunha delas tomaron parte diversos atletas do club. Na carreira popular de Oroso se logrou un podium a cargo do atleta Fernán López, que lograba a terceira posición na categoría de veteranos, despois de finalizar os 9.5 km dos que constaba o percorrido cun crono de 36.53 minutos.

Tamén nesta cita estaba presente Irea Ferreiro, que lograba a décima posición na categoría alevín.

CARREIRA POPULAR DE OUBIÑA.CAMBADOS

Tamén houbo representación do club na carreira popular de Oubiña (Cambados) ca presencia de Mar Pérez e Ramón López. Mar lograba a séptima posición da xeral femenina na proba. Mar lograba baixar dos 50 minutos nun esixente circuito de cerca de 10 kilómetros, mentras que Ramón López tamén remataba a proba cun crono de 20.19 minutos sobre os cerca de 5 km do circuito



ROCK'N'ROLL MADRID 10Km

E por último, tivemos representación na multitudinaria carreira que tivo lugar en Madrid o domingo, a chamada Rock ' n ' roll Madrid, na proba de 10 km que recorreu as céntricas rúas da capital. A nosa atleta Paula García rematouna no posto 561 ( 251 da súa categoría) na proba cun tempo de 59:17min.

No hay comentarios:

Publicar un comentario