CARREIRA POPULAR DE PADRÓN.
Disputouse na localidade coruñesa de Padrón unha nova edición da Carreira Popular de Padrón, que ademáis era Campeonato de España de 10 Km en ruta para as categorías absolutas. Ata Padrón se desplazaron catro nenos do club da categoría infantil que tiveron unha actuación excelente, conseguindo dous meritorios podiums.
Así, Cristian Santos lograba a segunda posición na categoría masculina, un posto que tamén firmaba a súa compañeira de equipo María Carballido. Ambos estiveron loitando cos gañadores das súas respectivas categorías ata o último metro, demostrando que cada día
están máis afianzados na práctica deste deporte. Pola súa parte, moi boa tamén a prestación de Vanesa Blanco e Miguel Sánchez, que lograban rematar a proba en cuarta e sexta posición respectivamente.
Ademáis, os nenos poideron disfrutar do ambiente dun Campeonato de España, é decir, dun evento de máximo nivel nacional, e que esperemos lles sirva para seguir a súa formación tanto a nivel atlético como personal.
CAMPEONATO DE ESPAÑA 10 KM EN RUTA. PADRÓN
Neste campeonato de España de 10 km en ruta, o club estaba presente ca presencia de Carmen Expósito, que participaba na categoría de W-55, e na cal lograba un meritorio sexto posto, facendo un crono de 57.05 minutos.
2ª PROBA CLASIFICATORIA ATLETISMO EN PISTA BENXAMÍN-ALEVÍN. LUGO
Disputouse en Lugo a 2ª Proba Clasificatoria de Atletismo en Pista para as categorías benxamín e alevín, donde tomaron parte cerca de 20 atletas do club destas categorías.
O máis destacado desta xornada foron os segundos postos de Samuel Castedo en salto de altura alevín, o de Mario Campos en 1 km marcha benxamín e o de Jorge Santos en lanzamento de pelota alevín.
Tamén destacaron os terceiros postos de Juan Zas na proba de 2 km marcha alevín, o de David Fariñas nos 500 metros benxamín, o de Noa Fagil na proba dos 2.000 metros lisos e tamén o de Nerea Lage na proba dos 2 km marcha alevín.
6ª PROBA CORRE CON NÓS. AS TERMAS
Na xornada do domingo 6 de Abril disputouse unha nova proba do circuito lucense do Corre con Nós. Nesta ocasión a participación de atletas foi moi escasa, con só 2 representantes do club na mesma
O máis destacado foi a actuación de Adrián Lage, que facía unha gran carreira e na que acadaba a segunda posición da categoría C, demostrando o gran estado de forma no que se atopa e facendo a mellor carreira de todo o que levamos de circuito.
Pola súa parte, Suso Rivas lograba o posto 81 da xeral na proba absoluta.
VIG-BAY
Tamén houbo representación do club na clásica media maratón Vig-Bay, sin dúbida unha das probas máis importantes do calendario atlético galego. Dous atletas se desprazaron ata a cidade olívica para tomar parte na edición deste ano.
Mar López lograba finalizar no posto 208 das féminas con un tempo de 1.54 h, mentras que Ramón López abandonaba no kilómetro 15.
No hay comentarios:
Publicar un comentario