Disputouse o pasado 1 de Maio no Concello de Ordes unha proba denominada Cross Ambiental, e na cal estiveron presentes unha docena de atletas do club, conseguindo un total de catro podiums.
Así, a máis destacada foi a atleta Noelia Sánchez, que lograba a súa primeira victoria nunha proba, o imporse na categoría de 8 a 10 anos. Nesta mesma categoría, a súa compañeira de equipo lograba a cuarta posición.
Xa na categoría de 14 a 16 anos, a atleta Estela Villarábide lograba un meritorio segundo posto, despois dunha carreira onde os integrantes da mesma fixeron o triple do percorrido marcado pola organización. Na proba masculina, Cristian Montecelo tamén lograba a segunda posición, sendo o seu compañeiro Adrián Lage terceiro. Nesta mesma proba, Rubén Ceide lograba a cuarta posición.
Outra atleta, que estivo moi cerca do podium foi Aldara Ceide, que, na categoría de 5 a 7 anos, lograba a cuarta posición
TORNEOS DE ATLETISMO. PONTEVEDRA. CORUÑA
Nesta ponte de Maio se disputaron distintos torneos de atletismo en pista, na cal houbo representación de atletas do club nas distintas probas que se disputaron pola xeografía galega.
O primeiro en porse en acción foi o cadete Gael Jaúregi, que participou na proba dos 1.000 metros cadete no Torneo Supermercados Froiz de Pontevedra, onde lograba unha marca de 3.01 minutos.
Na pistas de Elviña de A Coruña, se disputou o Torneo Nela Souto, organizado polo club Marineda, e no cal tamén houbo representación do noso club. A máis destacada foi María Carballido, que na proba dos 500 metros lisos femeninos lograba a cuarta posición cun crono de 1.32 minutos. A súa compañeira de equipo, Vanesa Blanco remataba no posto 11 na mesma proba, parando o crono en 1.40 minutos. Na proba masculina, Cristian Santos remataba no posto 12 cunha marca de 1.32 minutos. Por último, Felipe Barata tomaba parte na proba de salto de lonxitude, finalizando no posto 14, cunha mellor marca de 5.09 metros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario