Atletismo Friol

Atletismo Friol

jueves, 15 de mayo de 2014

Resultados Fin de semana 11 de maio

2ª PROBA CLASIFICATORIA INFANTIL ATLETISMO EN PISTA. LUGO

Disputouse o pasado domingo 11 a 2ª proba clasificatoria de atletismo en pista do programa Xogade para a categoría infantil.

Os resultados máis destacados foron a victoria de Angel Martínez nos 3.000 metros lisos e a de Miguel Ángel Sánchez na proba de lanzamento de disco.

Pola súa parte, Cristian Santos lograba a segunda posición nos 1000 metros lisos e no triple salto. Marcos Burgo e Vanesa Blanco eran tamén segundos na proba dos 3 km marcha.

Pola súa parte, María Carballido lograba acadar a terceira posición nas probas dos 150 metros lisos e nos lanzamentos de peso e disco. Pola súa parte, Miguel Ángel Sánchez lograba esa mesma posición na proba dos 1.000 metros obstáculos.


CONTROL DE PISTA CADETE

Conxuntamente ca clasificatoria infantil, se disputou o control cadete e na cal tomaron parte 3 atletas do club.

O máis destacado foi a excelente marca nos 1000 metros lisos de Gael Jaúregi, que lograba un crono de 2.56 e que lle servía para levarse a victoria no mesmo.

Pablo Piñón lograba tamén MMP na proba de salto de altura cunha marca de 1.53, finalizando no posto terceiro. Adrián Lage finalizaba a proba dos 1.500 metros obstáculos cunha marca de 5.28, mentras que Tino Villar facía 3.33 na proba dos 1000 metros lisos

CARREIRA POPULAR DE FERREIRÚA

O pasado domingo 11 se disputou a XXV Carreira Popular de Ferreirúa, e na cal tomaron parte máis de 20 atletas do club, que tiveron unha boa actuación, logrando un total de 8 podiums.

Así, na categoría de 5 a 6 anos, Aldara Ceide lograba victoria. Pola súa parte, David Fariñas e Molly Jane Merchant lograban a terceira posición na proba de 7 a 9 anos, na proba masculina e femenina respectivamente.

No que respecta a categoría de 10 a 11 anos, Samuel Castedo e Andrea Fariñas lograban imporse nas súas respectivas carreiras. Adil Loussini lograba a terceira posición na proba de 12 a 13 anos. Por último, Cristian Montecelo e Rubén Ceide eran segundo e terceiro respectivamente na proba masculina de 14 a 15 anos.

Na proba do medio maratón, Marcos Lage lograba o posto 30 da xeral cun crono de 1.30 h.

CORRE CON NÓS. PARQUE DE FEIRAS E EXPOSICIÓNS. LUGO

O Pasado sábado 10 se disputou unha nova proba do Corre con nós, e na cal houbo unha leve representación de atletas do club. Os resultados foron os seguintes.

Felipe Barata- posto 63
Fernando González- posto 300
Carmen Expósito- posto 92 F
Ana Novo- posto 110 F

No hay comentarios:

Publicar un comentario