CAMPEONATO GALEGO CADETE. VILAGARCÍA DE AROSA
O pasado sábado 17 de Maio disputouse en Vilagarcía de Arosa o Campeonato Galego Cadete, no cal tomaban parte 4 atletas do club, que tiveron unha boa actuación.
Pablo Piñón lograba a 4ª posición na proba de salto de altura, cunha mellor marca de 1.51 metros, quedándose moi perto de lograr subir o pódium.
Gael Jaúregi, pola súa parte finalizaba nunha brillante quinta posición na proba dos 1.000 metros lisos, logrando unha marca de 2.57 minutos.
Pola súa parte, Adrián Lage no seu debut nun evento destas características tamén lograba a quinta posición na proba dos 3.000 metros lisos, cunha marca de 10.22 minutos.
Por último, Héctor Rodríguez non completaba a súa participación na proba dos 5 km marcha, o ser descalificado polos xuíces.
CARREIRA POPULAR DE FRIOL.
O pasado domingo 18 de Maio se disputou a II Edición da Carreira Popular de Friol, na cal houbo unha nutrida participación de atletas do club como era de esperar nun evento que tratar de fomentar o deporte e o atletismo no ámbito do pobo de Friol. Boa actuación dos nosos atletas na casa, cun total de 23 podiums.
Así, na categoría prebenxamín, Lucía Roca e Aldara Ceide lograban a segunda e terceira posición respectivamente.
Na categoría benxamín femenina, Molly Jane Merchant entraba na terceira posición, mentras que na masculina houbo un triplete local, ocupando David Fariñas, Juan David López e Jesús Fagil as tres primeiras posicións no orden citado.
Xa na categoría alevín, Andrea Fariñas lograba a segunda posición, a mesma que lograría o seu compañeiro de equipo Noel Villarábide na proba masculina. Nesta mesma categoría Samuel Castedo entraba na terceira posición.
Triplete tamén na categoría infantil masculina, con Cristian Santos como gañador e con Adil Loussini e Miguel Ángel Sánchez acompañandos no pódium. Na femenina, victoria para Maria Carballido e segunda posición para Vanesa Blanco.
Tamén houbo triplete na proba cadete, resultando gañador Gael Jaúregi, por diante de Adrián Lage e de Pablo Piñón. Nas nenas, victoria para Ana Varela.
Na categoría xuvenil, Cristian Montecelo e Rubén Ceide firmaban a primeria e segunda posición respectivamente, mentras que entre as féminas, Estela Villarábide e Noelia Seoane tamén ocupaban as dúas primeiras posicións do pódium no orden citado.
Por último, na categoría de veteranas de +55 anos, victoria para Carmen Expósito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario