Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 25 de febrero de 2015

CAMPEONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS. OURENSE

O pasado sábado 21 de Febreiro  disputouse no complexo deportivo de Monterrei (Ourense) o Campeonato Galego Escolar de Cross, o cal acudían casi 20 nenos do club que se habían clasificado no campeonato provincial, unha cifra realmente importante para unha cita tan importante no calendario atlético galego. Neste evento se lograron 2 importantes pódiums.
 

Así, Adrián Lage lograba a victoria na proba cadete masculino, despois de distanciarse na última volta do alteta do Ría Ferrol, Pedro Osorio. Con este novo título, Adrián logra o seu tercer título autonómico en apenas un mes, o que demostra o gran estado de forma no que se atopa. Ademáis, na categoría cadete o equipo de Friol lograba o cuarto posto. Pablo Piñón (24), Adil Loussini (26) e Angel Martínez (41) completaban a actuación.

 

O segundo pódium da matinal viña a cargo do equipo infantil femenino, que lograba o tercer posto, despois dunha gran carreira de todas as súas integrantes. Noelia Sánchez (13), Andrea Fariñas (18), Nerea Lage (23), Vanesa Blanco (27), Irea Ferreiro (40) e Noa Fagil (49) lograban un meritorio pódium dunha xeración prometedora.
 
Non tivo tanta sorte o equipo do infantil masculino, xa que non puideron completar clasificación, debido o abandono na proba de Noel Villarábide despois dun percance de carreira co deixou sin zapatilla a comenzó de proba. Cristian Santos era o noveno na clasificación individual, mentras que Marcos Burgo e Samuel Castedo lograban o posto 26 e 29 respectivamente.
 
Por último, tamén gran actuación a nivel individual de María Carballido, que na proba cadete femenino, lograba o quinto posto
 
 
2ª XORNADA CONTROL ATLETISMO DIPUTACIÓN DE LUGO
 
O pasado domingo 22 de Febreiro se disputou no Módulo de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo un control de marcas o cal acudiron o xuvenil Cristian Montecelo e o cadete Adrián Lage.
 
Adrián, lograba unha marca de 4.34 no salto de lonxitude e 10.00 metros na proba do triple salto.
 
Pola súa parte, Cristian facía MMP no salto de lonxitude, o rexistran 5.41 metros e igualaba marca no triplo salto o facer 12.16 metros. Por último, na proba dos 400 metros, facía 55.60 segundos no que era o seu debut nesta disciplina.

                                                 MEDIO MARATÓN DE CORUÑA

 
Nesta proba da cidade herculina tomaba parte Jesús Rivas, que lograba finalizar no posto 324 da xeral, onde facía un rexistro de 1.25 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario