Atletismo Friol

Atletismo Friol

viernes, 6 de febrero de 2015

Resultados Fin de semana 1 de febreiro do 2015

CAMPEONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS. VILLALBA
 
Este domingo disputouse en Vilalba o Campeonato Provincial Escolar, organizado conxuntamente pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Delegación Lucense de Atletismo, e na cal tomaron parte casi 30 nenos do noso club, que tiveron unha destacada actuación, xa que lograron un total de 6 podiums neste evento.  As medallas foron do seguinte cor: dous ouros, tres pratas e un bronce.

O ouro o conseguía o recién coroado campeón galego, o atleta Adrían Lage, que gañaba a proba con certa comodidade. O equipo masculino cadete lograba imporse na categoría de clubs, gracias a gran actuación de Adil Loussini (4), Pablo Piñón (7), Alex López (11), Miguel Ángel Sánchez (19) e Ángel Martínez (22).

No que respeca as pratas, estas foron a parar a Cristian Santos na categoría infantil masculina, e tamén os equipos infantil masculino e femenino, que ca gran actuación que tiveron en Villalba, logran o pase o campeonato Galego Escolar, que se disputará en Ourense no mes de Febreiro.  O equipo masculino estaba integrado polo citado Cristian, ademáis de Noel Villarábide (8), Samuel Castedo (11) e Marcos Burgo (17). Polo que respecta o equipo infantil femenino, a primeira en entrar en meta era Andrea Fariñas, que lograba a quinta posición e Noelia Sánchez a séptima. Completaban equipo Nerea Lage (11), Paula Piñón (16), Irea Ferreiro (18) e Noa Fagil (20).

A medalla de bronce a lograba María Carballido, nunha proba de gran calidade, onde estaban a actual campeona e subcampeona galegas.

Tamén tomaron parte neste evento os benxamíns Eva Rose Merchant (16), Mario Campos (24), Mateo Aguiar (35), ademáis dos alevíns Molly Jane Merchant (31), David Fariñas (21) e Jesús Fagil (33).


4ª PRUEBA CORRE CON NÓS. SANFIZ
 
Tamén na xornada de domingo se disputaba unha nova proba do circuito de carreiras populares do Corre con Nós, que nesta ocasión paraba no barrio de Sanfiz. Na proba de menores, acudía Aldara Ceide, que lograba finalizar na novena posición na súa categoría A.
 
Polo que respecta os adultos, o mellor clasificado era Jesús Rivas, que lograba finalizar no posto 82 da xeral.


 
O resto da actuación de atletas foi a seguinte:
 
Manuel Ceide- posto 279
Fernando González- posto 346
Roberto Longarela- posto 382
Carmen Expósito- posto 112 F (2ª categoría).

No hay comentarios:

Publicar un comentario