CAMPEONATO GALEGO INFANTIL DE PISTA CUBERTA. A CORUÑA
Disputouse o pasado sábado 14 de Xaneiro o Campeonato Galego para as categorías benxamín, alevín e infantil e que contou ca presencia de 4 atletas da categoría infantil do noso club.
A primeira en entrar en acción foi a lanzadora Andrea Iglesias, que acusaba os nervios do seu debut nun evento destas características. Non obstante, Andrea finalizaba na octava posición no concurso de lanzamento de peso cunha mellor marca de 7.37 metros.
Idéntica posición a que lograba Vanesa Blanco no concurso de triplo salto. Despois dun comenzo errático, lograba finalizar cunha mellor marca persoal de 8.25 metros. Por partida doble foi a actuación de Paula Piñón, que participaba no salto de altura e tamén nos 60 mv. Paula lograba a novena posición na proba dos valos e firmaba a octava posición na proba do salto de altura, cunha marca de 1.23 metros.
Por último, Cristian Santos acariciaba de novo o pódium nunha proba autonómica o lograr o cuarto posto na proba dos 2.000 metros lisos, rematando cun crono 6.54 minutos.
CAMPEONATO GALEGO CADETE DE 1.000 METROS E 3.000 METROS DE PISTA CUBERTA. A CORUÑA
Conxuntamente con este campeonato, disputábase o Campeonato Galego Cadete de 1.000 metros e 3.000 metros en pista cuberta, e onde o club tiña representación a través de dous atletas.
Así, Adrián Lage lograba proclamarse campeón galego da distancia dos 3.000 metros, finalizando a proba cun crono de 10.01 minutos e logrando o segundo título autonómico da temporada, despois do logrado no galego de cross.
Pola súa parte, María Carballido lograba a medalla de bronce na proba dos 3.000 metros lisos, entrando nun apretadísimo sprint ca atleta do Orense Atletismo, Iztiar Manso, o que lle daba a nosa atleta a primeira medalla nun evento oficial autonómico. María paraba o crono en 11.30 minutos. Tanto Adrián como María lograban tamén a súa MMP na distancia
CAMPEONATO GALEGO XUVENIL DE PISTA CUBERTA. A CORUÑA
O domingo 15 de Xaneiro disputabase o Campeonato Galego Xuvenil, onde tamén había representación do club a cargo do atleta Cristian Montecelo, que tamén lograba competir a moi bo nivel no que era o seu debut nun autonómico.
Cristian lograba a medalla de bronce no concurso de triplo salto cunha mellor marca persoal de 12.16 metros
CAMPEONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. MARÍN
Outro campeonato que se disputaba este fin de semana era o Galego de Marcha en Ruta, onde o club desplazaba ata 6 atletas a vila de Marín (Pontevedra.). Lográbanse un total de 2 podiums, e unha clasificación para a selección galega de marcha.
Así, Marcos Burgo lograba unha nova medalla de prata na proba dos 3 km marcha infanitl, repetindo o posto logrado esta tempada no gallego de inverno en pista. Pola súa parte, Marico Campos lograba debutar nun pódium autonómico, o lograr a medalla de bronce na proba dos 2 km marcha benxamín.
Polo que respecta as nenas da categoría infantil, gran actuación de todas elas, logrando o igual que no galego de pista o cuarto, quinto e sexto posto. Así, Vanesa Blanco lograba finalizar no cuarto posto con 17.09, o mismo crono que Noelia Sánchez, que entraba na quinta plaza. Nerea Lage, con 18.30 era a sexta no galego. Todas elas lograban a súa MMP.
E por último, gran actuación do debutante Miguel Sánchez, que na proba dos 5 km cadete lograba unha meritoria cuarta plaza cun crono de 31.12 minutos, o que lle daba o pase a selección galega de marcha que competirá o vindierio 1 de Marzo en Jumilla (Murcia)
CAMPEONATO GALEGO DE CROSS VETERANO. A PROBA DO CARAMIÑAL
Por último, tamén se disputaba o pasado domingo 15 o Campeonato Galego de Cross Veterano, que se disputaba na localidade de A Proba de Caramiña, no cal tomaba parte o atleta do club Fernando Ibarra.
O ultrafondista do club lograba finalizar non posto 39 da categoría M-45, nunha proba demasiado corta para as características de Fernando.
CAMPEONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS. LUGO
O pasado 8 de Febreiro se disputaba no Módulo Cuberto de Lugo o Campeonato Galego de Combinadas, onde na categoría cadete partipaba o atleta Pablo Piñón, que logra o sexto posto o finalizar cunha puntuación de 2.047 puntos.
Por último, felicitar a todos e todas as atletas do clube pola gran tempada que están a facer. E o que queda por vir.....
No hay comentarios:
Publicar un comentario