Guadalajara foi escenario do Campeonato de España Escolar de Cross, e no cal tomaron parte no mesmo os atletas María Carballido e Adrián Lage, no que era a primeira vez que uns atletas do noso xoven club se desplazaba a unha cita dun nacional organizado polo Consejo Superior de Deportes.
A primeira en entrar en acción foi María Carballido, que despois dunha gran temporada invernal lograba finalizar este debut nun campeonato de España no posto 45 da clasificación xeral, nunha proba onde nos comenzos do mesmo se viu involucrada nunha caída. Xunto cas súas compañeiras de equipo, as lucenses Sara López, Lucía López, María Pérez, Elena Costas e Arantxa Pérz, lograban un destacado sexto posto por comunidades.
Polo que se refiere a participación de Adrián Lage, o xoven atleta de Friol lograba rematar a proba no posto 43 da xeral. A actuación conxunta da selección galega estaba formada por Pedro Osorio, Diego Alonso, Ermias Fernández, Carlos López e Adrián Chun, finalizando no posto 11 na clasificación por comunidades.
CARREIRA DA TORRE. A CORUÑA
Nesta proba de A Coruña, tomaban parte dous atletas da categoría infantil, e na cal se lograba un pódium a cargo de Cristian Santos, que remataba na terceira posición. Polo que respecta a participación de Irea Ferreiro, esta remataba no posto octavo
CONCENTRACIÓN DE SEMANA SANTA DE MARCHA
A Praia de A Lanzada foi o lugar escollido pola Escola Galega de Marcha para a tradicional concentración de Semana Santa, e na cal tomaron parte na mesma ata 5 atletas do club. A concentración durou dende o día 29 de Marzo ata o 1 de Abril, e na mesma tomaron parte Miguel Ángel Sánchez, Marcos Burgo, Vanesa Blanco, Noelia Sánchez e Nerea Lage.
En dita concentración, os atletas entrenaron en xornadas de mañá e tarde nos aspectos técnicos e físicos desta disciplina atlética, cara a un mellor rendemento dos distintos campeonatos autonómicos e torneos nacionais que se presentan no que queda de temporada
No hay comentarios:
Publicar un comentario