Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 8 de abril de 2015

Resultados Fin de semana 5 de abril

CARREIRA POPULAR  “FEIRA DO VIÑO”DE QUIROGA

Cerca de 30 atletas do club estiveron presentes nunha nova edición da Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga, na cal se obtiveron un total de nove pódiums.

Así, na categoría prebenxamín, a victoria foi a parar a Ramón Loureiro, mentras que o seu compañeiro de equipo Abel Fagil lograba a segunda posición.

Tamén na segunda posición entraba Juan David López na carreira alevín masculina, mentras que na proba infantil masculina era Cristian Santos quen dominaba con autoridade a proba. O seu compañeiro de equipo Samuel Castedo lograba a terceira posición. Pola súa parte, Noelia Sánchez e Vanesa Blanco lograban a segunda e terceira posición respectivamente na proba infantil femenina.

Polo que se refiere a categoría cadete, María Carballido e Adrián Lage vovlían a amosar o bo momento de forma que atravesan gañando respectivamente as súas probas.


CARREIRA POPULAR PORTOMARÍN.

Tamén houbo representación do club na I Edición da Carreira Popular de Portomarín, onde se lograban un total de 3 podiums.

Cristian Montecelo era o gañador absoluta da carreira de menores, en tanto que o seu compañeiro de equipo, Cristian Santos lograba a segunda posición. Na categoría femenina María Carballido entraba en segunda posición na proba de menores. Tamén tomaba parte Angel Martínez, que era sexto e a prebenxamín Aldara Ceide.

No hay comentarios:

Publicar un comentario