Atletismo Friol

Atletismo Friol

jueves, 16 de abril de 2015

Resultados Fin de semana 12 de abril

CAMPEONATO GALLEGO DE MILLA EN RUTA. SADA (A CORUÑA)

Na localidade coruñesa de Sada disputouse unha das probas máis importantes do calendario atlético galego, xa que alí recalaba o Campeonato Gallego de Milla en Ruta, e na cal tomaban parte tres atletas do club. Ademáis, outras dúas atletas tomaban parte na carreira popular que se disputaba paralelamente a dita proba. Gran actuación dos nosos atletas, que lograban un total de 3 podiums no galego e 2 na carreira popular.

Así, Cristian Montecelo lograba proclamarse campeón galego de milla en ruta na categoría xuvenil, despois dunha gran carreira de menos a máis na que marcaba un crono de 4.47 minutos.  Pola súa parte, Adrián Lage lograba proclamarse subcampeón galego sobre a distancia de 1 km en ruta nun apretado sprint final con seu compañeiro de selección Pedro Osorio. Por último, tamén María Carballido lograba a medalla de bronce, co cal se facía pleno cos atletas do club que tomaban parte neste evento de máximo rango autonómico.

Por último, Andrea Fariñas e Irea Ferreiro lograban a primeira e segunda posición respectivamente na categoría infantil da carreria popular que se disputaba paralelamente a esta proba.

CORRE CON NÓS. OMBREIRO.

Tamén na xornada de hoxe se disputaba unha nova proba do circuito do Corre con Nós, e na cal tomaba parte uns cantos atletas do club, que lograban un total de 3 podiums.

Así, na categoría C, Cristian Santos dominaba con autoridade a proba, logrando o primeiro triunfo nesta categoría no clásico circuito lucense. Miguel Angel Sánchez lograba o ocatvo posto, mentras que Vanesa Blanco rozaba os postos de honra, o finalizar nunha meritoria cuarta plaza.

Polo que se refiere a categoría B, Noel Villarábide e Noelia Sánchez lograban sendos segundos postos na carreira masculina e femenina respectivamente. Tamén igualaban postos Samuel Castedo e Nerea Lage, que finalizaban na quinta posición. Aldara Ceide entraba no posto quince na categoría A.

E xa no tocante a carreira de adultos, Jesús Rivas era o máis destacado finalizando no posto 50 da xeral, mentras que Fernando González o facía no 294. Na proba de féminas, Carmen Expósito acababa no 116 (2 categoría M), María José Molejón no 139 e Paula García no 151.

No hay comentarios:

Publicar un comentario