TROFEO ATLETISMO LOLO PENAS. A CORUÑA
María Carballido e Jorge Santos se desplazaban o pasado 8 de Maio a cidade herculina para a disputa do Torneo Lolo Penas.
Jorge debutaba nun evento conxunto con atletas absolutos, e facía un rexistro de 20.26 metros na categoría infantil, o que lle valía para lograr o segundo posto neste proba.
Pola súa parte, María facía a proba de altura, finalizando no cuarto posto cun mellor rexistro de 1.29 metros. Posteriormente, tamén faría a proba dos 300 metros lisos, onde acadaba unha MMP de 45.85 segundos, que lle valían para acadar o cuarto posto final.
3ª XORNADA DE ATLETISMO TROFEO DIPUTACIÓN DE LUGO
Tamén acudiron tres atletas a participar na 3ª Xornada de Atletismo en Pista Trofeo Diputación de Lugo, que se disputou na cidade das murallas o pasado 9 de Maio, e onde Cristian Montecelo, Adrián Lage e María Carballido tiveron unha destacada actuación, xa que todos fixeron MMP nas súas respectivas probas, demostrando o bo momento de forma no que se atopan.
Así, Cristian Montecelo lograba o 10º posto na proba dos 200 metros lisos, cun rexistro de 24.95 sg. Despois tomaba parte na proba dos 400 metros lisos, onde firmaba unha marca de 1.01 minutos, que lle valía para acadar a segunda posición. Por último, na proba do triple salto acababa na terceira posición con 12.16 metros.
Adrián Lage lograba a terceira posición xeral na proba dos 3.000 metros lisos, onde firmaba un rexistro de 9.36 minutos, que é a mellor marca galega da categoría.
Pola súa parte, María Carballido, facía un bo salto de 1.40 na proba de altura, mentras que na proba dos 1.500 metros obstáculos finalizaba segunda cun rexistro de 5.50 minutos.
CARREIRA POPULAR DE CASTROVERDE
Un total de catro nenos do Club acudiron a Castroverde, para participar nunha proba popular de carácter solidario que organizaba o club desa localidade, Marzo Saúde. Nesta proba se acadaban un total de tres podiums.
Así, Vanesa Blanco lograba a victoria na categoría C femenina, mentras que Noelia Sánchez e Nerea Lage lograban o segundo e terceiro posto respectivamente na categoría B. Por último, Miguel Ángel Sánchez lograba a cuarta posición na categoría C.
CAMPEONATO GALEGO DE 5 KM EN RUTA. A ESTRADA
Tamén se disputaba en A Estrada o Campeonato Galego de 5 km en ruta, onde particpaba o veterano Manuel Ceide, que lograba a cuarta posición na súa categoría M-60.
No hay comentarios:
Publicar un comentario