MEMORIAL GREGORIO PÉREZ RIVERA. LUGO
O pasado sábado 18 de Abril se disputou nas pistas Gregorio Pérez Rivera o torneo de atletismo que leva o mesmo nome. Nesta ocasión ata cinco atletas do club se presentaban no torneo de atletismo en pista máis prestixioso do calendario provincial, logrando un valioso pódium a cargo de María Carballido na proba dos 1.000 metros lisos, e no cal facía un rexistro de 3.19 minutos nesta proba, que lle valía para auparse o segundo posto da proba.
Así mesmo, Cristian Montecelo lograba facer sendas MMP nas probas dos 400 metros lisos e no salto de lonxitude. Nos 400 gañaba a súa serie cun crono de 54.23 segundos, que lle valía para lograr o quinto posto final. Na proba de salto de lonxitude facía un rexistro de 5.73 metros, que o aupaban o séptimo posto final.
Adrián Lage lograba o sexto posto na proba dos 1000 metros lisos, onde paraba o cronómetro nun tempo 2.46 minutos, quedándose a só 46 centésimas de lograr a marca mínima para o Campeonato de España Cadete. Nesta mesma proba Alex Casanova facía un crono de 3.20 minutos, finalizando no posto 11.
Por último, Pablo Piñón, conquería a octava posición na proba de salto de altura cunha mellor marca de 1.53 metros.
2ª PROBA CLASIFICATORIA DE ATLETISMO EN PISTA. LUGO
Seguindo ca xornada de fin de semana, Lugo volveu a ser escenario da segunda proba clasificatoria de atletismo en pista, ca presencia de casi 30 atletas do club, que participaron na busca das marcas que lles permitan tomar parte no Campeonato Provincial de Atletismo que se desenrolará o vindeiro 17 de Maio.
Así, un dos atletas máis destacados foi Cristian Santos, que lograba a victoria na proba dos 500 metros lisos, así como tamén no triplo salto. Cristian tamén lograba un segundo posto na proba de salto de altura. Nas nenas, destacaba Paula Piñón, que conquería o triunfo na proba de lanzamento de disco, ademáis do segundo e terceiro posto nas probas de triplo salto e 220 metros vallas respectivamente.
Samuel Castedo era segundo na proba dos 220 metros vallas, David Fariñas gañaba a proba de salto de altura alevín, mentras que Samuel Castedo e Alejandro Fernández eran segundos e terceiros na proba de triplo salto. Na proba de lanzamento de xabalina, Jorge Santos lograba a terceira posición. Por último, entre os nenos, Mario Campos gañaba na proba de 1 km marcha e Juan Zas lograba a segunda posición nos 3 km marcha infantil.
Entre as nenas, Irea Ferreiro e Noa Fagil lograban a segunda e a terceira posición respectivamente na proba dos 1.000 metros lisos, mentras que Vanesa Blanco era segunda na proba de salto de altura. Andrea Iglesias era terceira no lanzamento de peso, e na marcha, Leyre Santos lograba a segunda posición nos 2 km marcha, mentras que Vanesa Blanco gañaba a proba infantil dos 3 km marcha e Nerea Lage lograba a segunda posición.
MARATÓN DE CORUÑA.
Se disputaba tamén na cidade herculina o Campeonato Galego de Maratón, ca presencia do atleta do club Jesús Rivas, que debutaba na mítica distancia dos 42,195 km.
Jesús Rivas lograba finalizar no posto 288 da xeral, mentras que na súa categoría de veternos entraba no posto 75. Lamentar nesta proba o abandono por problemas físicos do ultrafondista Fernando Ibarra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario