Atletismo Friol

Atletismo Friol

viernes, 29 de mayo de 2015

Resultados Fin de semana 23 de maio

CAMPEONATO GALEGO INFANTIL DE CLUBS. RIVEIRA
 
O pasado 23 de Maio se disputou en Ribeira o Campeonato Galego de Clubs para as categorías inferiores, onde o equipo do noso club presentaba equipo na categoría infantil femenino. Bo debut para as nosas nenas, que lograban o séptimo posto da xeral, obtendo ademáis bos resultados a nivel invidual.

Así, Andrea Iglesias lograba a victoria na proba de lanzamento de disco, ademáis de obter o terceiro posto no lanzamento de disco. Tamén lograba obter plaza entre as primeiras clasificadas Noelia Sánchez, que era segunda na proba dos 3000 metros lisos, completando tamén o triple salto no sexto lugar. Nerea Sánchez era terceira na proba dos 3 km. Marcha. Paula Piñón lograba a segunda posición no lanzamento de xabalina e finalizaba na quinta posición na proba dos 80 metros valados.

Completaba a actuación do equipo Vanesa Blanco, que finalizaba nos postos décimo e decimoprimeira nas probas de salto de altura e 80 metros lisos. Pola súa parte, Ana Villar lograba o posto 12 nos 150 metros lisos, completando actuación cunha décima posición na proba dos 500 metros lisos. Irea Ferreiro era octava nos 1000 metros lisos femeninos, mentras que a súa compañeira de equipo Noa Fagil completaba a actuación do equipo en Ribeira cun decimosegundo posto nos 220 metros valos e tamén co decimoprimeiro na proba do salto de lonxitud.
 
IV XORNADA DE ATLETISMO EN PISTA. LUGO


Tamén se disputou una nova xornada de atletismo en pista no Estadio Gregorio Perez Rivera, onde o club estivo presente con seis atletas.

Así, Adrián Lage lograba a segunda posición na proba dos 1.000 metros cadetes cun crono de 2.45 minutos. Nesta misma proba, Alex López finalizaba con 3.13 minutos. María Carballido saltaba 1.30 na proba de altura, mentras que nos 300 metros cadetes facía un crono de 46.16 segundos.

Cristian Montecelo era terceiro nos 400 metros valados cun rexistro de 1 minuto exacto, mentras que finalizaba na cuarta posición do salto de lonxitude cunha marca de 5.74 metros. Pola súa parte Pablo Piñón era terceiro na proba de salto de altura cun rexistro de 1.56 metros.

Por último, Ester Mourenza era o noveno posto na proba de lanzamento de peso, onde facía un rexistro de 6.63 co artefacto de 4 kg.
 
CARREIRA POPULAR DE ORDES
 
Doble represetación na Popular de Ordes, onde Aldara Ceide gañaba a carreira prebenxamín, mentras que o o seu pai Manuel Ceide lograba o sexto posto na súa categoría de veteranos 

No hay comentarios:

Publicar un comentario