Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Resultados Fin de semana 14 de novembro

CARREIRA POPULAR DE XERMADE

O pasado sábado 14 de Novembro se disputou a Carreira Popular de Xermade, o cal acudiu por terceiro ano consecutivo unha boa representación de nenos e nenas do noso colexio. Ata cerca de 40 atletas estiveron presentes neste evento, onde hai que salientar a nutrida presencia de nenos e nenas das categorías prebenxamín e benxamín. Nesta ocasión se lograron un total de sete pódiums.

Así, na categoría dos pitufos, o triunfo foi a parar a Mateo Miragaya, mentras que a súa compañeira de equipo Rebeca Vázquez facía o propio na categoría femenina. Uxia Platero lograba o segundo posto nesta mesma proba.
Polo que respecta a categoría alevín, David Fariñas e Juan David López Ramos entraban en segunda e terceira posición respectivamente. Por último, na categoría infantil dominio dos nosos atletas, xa que tanto Andrea Fariñas como Samuel Castedo gañaban as súas correspondientes probas.

Tamén tiveron presencia neste evento na categoría absoluta os atletas Juan Carlos Rodríguez, que lograba rematar no posto 46 da xeral e Pili Cobas, que o facía no posto 11 da clasificación femenina.
 
SAN MARTIÑO. OURENSE
Tres atletas estiveron presentes nesta clásica do pedestrismo galego, sendo Fernando González o atleta mellor clasificado, logrando o posto 2.031 da clasificación xeral cun crono de 49.29 minutos empregados en cubrir os 10 km.
Pola súa parte, Mar Pérez lograba finalizar no posto 205 da categoría femenina, cun tempo de 51.52 minutos, mentras que Carmen Expósito lograba o posto 671 cun temo de 1.01 horas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario