CARREIRA PEDESTRE DE SANTIAGO
O pasado domingo, 25 de outubro, disputouse en Santiago de Compostela unha nova edición da Carreira Pedestre, sen dúbida, xunto coa San Martiño de Ourense, a máis importante do calendario galego de carreiras populares, e onde os nenos e nenas do noso club volveron a ter unha gran actuación, logrando un total de tres podiums e uns grandes postos o resto dos atletas que acudiron a capital de Galicia. Ademais, o noso Colexio foi o gañador na clasificación por equipos, por diante do La Salle de Santiago e do Rosalía de Castro. O Atletismo Friol lograba un total de 639 puntos, o que lle daba o triunfo final e recibirá unha placa conmemorativa nun acto que se celebrará o vindeiro 5 de Novembro na sede do xornal El Correo Gallego.
Noelia Sánchez facía unha gran carreira e lograba imporse na categoría infantil feminino, acadando ademais o quinto posto da clasificación xeral, demostrando o gran momento de forma polo que pasa esta novísima deportista. Tamén lograba posto de podium Adrián Lage, que entraba na segunda posición na súa última carreira como cadete. Completaba esta terna de postos de honra o infantil Cristian Santos, coa terceira posición na súa categoría.
Pola súa parte, María Carballido e Noel Villarábide acariciaban os postos de podium, ó finalizar ambos na cuarta posición na categoría cadete e infantil, respectivamente. Cristian Montecelo lograba o sexto posto na xuvenil, mesmo resultado que a súa compañeira de equipo, Andrea Fariñas, na categoría infantil. Marcos Burgo e Nerea Lage entraban ambos na sétima posición na categoría infantil, e Miguel Ángel Sánchez era vixésimo na categoría cadete, mentres que Vanesa Blanco finalizaba no posto vixésimo terceiro na categoría infantil.
Xa na categoría de adultos, Jesús Rivas finalizaba no posto 423 e Ester Mourenza no 558 na categoría de féminas
CORUÑA 10
Gran actuación do equipo de atletismo na tradicional Carreira de A Coruña 10, una das tres máis importantes carreiras populares do calendario galego, xunto coa Pedestre de Santiago e a San Martiño de Ourense, e onde se obtiveron un total de catro podiums.
Cristian Montecelo lograba vencer con autoridade na categoría xuvenil sobre un circuíto de 2,6 quilómetros, mentres que a a súa compañeira de equipo Estela Villarábide lograba a segunda posición na mesma categoría. Polo que respecta a categoría cadete, María Carballido entraba no segundo lugar, en tanto que Adrián Lage ocupaba a terceira posición do podium. Por último, Vanesa Blanco finalizaba no décimo primeiro posto na categoría infantil.
No tocante os adultos, Jesús Rivas acababa no posto 171, Felipe Barata no 242 e Ester Mourenza no 512 entre as mulleres
MEDIO MARATÓN DE PONTEVEDRA
No medio maratón de Pontevedra, Ramón López finalizaba no posto 745 cunha marca de
1.39 h, mentras que Mar Pérez lograba o posto 77 con un tempo de 1.55 h.
CARREIRA PEDESTRE MOAÑA
Con presencia de dous atletas do club, se disputou o pasado mes a popular de Moaña, onde Ramón López finalizaba no posto 151 cunha marca de 44.15 minutos, mentras que Mar Pérez facía a súa MMP sobre a distancia de 10 km, cun tempo de 49.08 minutos, finalizando no posto 20 da categoría femenina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario