Atletismo Friol

Atletismo Friol

martes, 8 de diciembre de 2015

Resultados Fin de semana 22 de novembro

CAMPEONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO. A CORUÑA

Se disputou o pasado domingo 22 de Novembro o Campeonato Galego de Marcha de Inverno, na cal tomaron parte 7 atletas do noso club, que tiveron unha destacada actuación, logrando un total de 3 medallas neste primer torneo autonómico da temporada. O evento se disputou nas pistas do INEF en Bastiagueiro (Oleiros).

Noelia Sánchez lograba proclamarse campeona galega na categoría infantil, o que supón o seu primer título autonómico. A súa compañeira de equipo, Nerea Lage lograba firmar outra gran actuación, entrando en segundo lugar, e conquerindo a medalla de plata. A terceira medalla do noso equipo foi parar a mans de Marco Burgo, que lograba a medalla de bronce na categoría cadete masculino.

Moi meritoria a actuación do resto dos nosos atletas, xa que na mesma categoría cadete, Miguel Ángel Sánchez lograba a cuarta posición. A mesma posición que lograba Mario Campo na proba alevín masculino. Polo que respecta a Vanesa Blanco, acadaba a quinta  posición na categoría cadete femenino. Por último, Leire Santos entraba na décima posición na categoria alevín femenino.

III CARREIRA SOLIDARIA POLA ESCLEROSIS MÚLTIPLE. VIGO

Tamén o pasado domigo se disputou a III Edición da Carreira Solidaria pola Esclerosis Múltiple, na que tomaban parte dous atletas do club. Nesta proba Mar Pérez lograba a terceira posición da xeral na carreira dos 5km, sendo ademáis a segunda na súa categoría de veteranas. Pola súa parte, Ramón López lograba o posto 122 da xeral dun total de 400 atletas, facendo un crono en torno os 45 minutos na proba dos 10 km.

No hay comentarios:

Publicar un comentario