XIII TROFEO CIDADE DE NARÓN
No estadio de atletismo Rio Seco de Narón, se disputou o pasado sábado 28 de Novembro o XIII Trofeo de atletismo Cidade de Narón, na cal estiveron presentes catro atletas do noso clube, logrando un total de dous podiums.
Así, a máis destacada sería a atleta Andrea Iglesias, que lograba a segunda posición na categoría cadete na modalidade de lanzamento de peso, onde facía un mellor tiro de 8.04 metros.
Pola súa parte, María Carballido lograba a terceira posición na proba dos 3.000 metros lisos, onde firmaba un rexistro de 11.41 minutos.
Nesta mesma proba Adrián Lage lograba a sexta posición cun crono de 9.34 minutos e Cristian Montecelo facía un crono de 9.41 minutos, ocupando a séptima posición nesta proba.
I XORNADA PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS. LUGO
Se disputou este domingo a primeira proba preparatoria de Campo a Través do programa Xogade no entorno do recinto ferial da cidade de Lugo, e donde acudiamos con máis de 20 nenos e nenas do club para a disputa da mesma. A pesar de facer a proba ca zona centro da provincia, os resultados se computaban como é habitual como fase zonal da zona sur, na cal nos encontramos. O mesmo ocurrirá na fase clasificatoria.
Así, na proba benxamín, Clara Reija ocupaba a segunda posición, mentras que Anxela Maneiro entraba en terceira posición. Xa na proba alevín femenino,Andrea Espiñeira lograba a segunda posición, mentras que a súa compañeira de equipo Rebeca Arias conquería o tercer posto. Entre os nenos, David Fariñas era primeiro, Juan David López segundo e Jesús Fagil, terceiro.
Polo que respecta a categoría infantil femenino, Lucía Varela lograba a primeira posición da carreira, mentras que Andrea Fariñas entraba en segunda posición. Noel Villarábide era segundo e Samuel Castedo terceiro na categoría infantil. Por último, na proba cadete, Andrea Reija lograba a terceira posición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario