CAMPEONATO DE ESPAÑA DE MARCHA DE PROMOCIÓN. GRAN PREMIO DE MARCHA JOSEFINA ROMERO. CUNTIS
O pasado domingo 6 de Decembro se disputou na localidade pontevedresa de Cuntis o Campeonato de España de Marcha de Promoción, na cal estaban presentes dous atletas do club, que lograban a mínima para dito evento. Marco Burgo lograba unha gran actuación, finalizando no posto decimocuarto cun crono de 26.11 minutos na proba dos 5 km, no que era o seu debut sobre a distancia. Con esta marca, Marcos logra a mínima para o Campeonato de España Cadete que se disputará no mes de xullo en Granollers (Barcelona) . O seu compañeiro de equipo remataba nun meritorio vixesimoprimer posto, finalizando tamén cunha mellor marca persoal de 27.36 minutos.
Paralelamente a dito campeonato, se disputaba o GP de Marcha Josefina Romero, torneo de ámbito autonómico e que atraía a moitos atletas do territorio nacional, o disputarse en paralelo o Campeonato de España. Ata catro podiums conseguiron os atletas no do club nesta magnífica xornada deportiva.
Así, Noelia Sánchez lograba a victoria na proba infantil femenino, despois dunha brillante remontada a atleta de Almendralejo e logrando un crono de 16.02 minutos na proba dos 3 km marcha. A súa compañeira de equipo Nerea Lage lograba a terceira posición marcando un corno de 16.10 minutos. Ambas son MMP, o que denota o gran comenzo de campaña das dúas marchadoras. Pola súa parte, Vanesa Blanco tamén gañaba a proba cadete femenino, e Mario Campo lograba tamén outro podium na proba de 1 km alevín, o finalizar en terceira posición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario