Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 7 de marzo de 2016

Resultados Fin de semana do 21 de febreiro

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE CROSS POR FEDERACIÓNS. BURGOS

Se disputaba en Burgos o Campeonato de España de Federacións, onde o club estaba representado de novo na categoría cadete ca atleta María Carballido. María acusaba o forte ritmo de saída para lograr unha boa colocación, e finalizaba a proba no posto 65, lonxe do posto logrado o ano pasado. Non obstante, hai que destacar o mérito desta deportista, que lograba acudir por terceira vez consecutiva a un nacional ca selección galega e que seguro toma nota deste aprendizaxe que é o atletismo nestas categorías.


I CONTROL MENORES PISTA CUBERTA. LUGO

O pasado venres 19 de Febreiro se disputou no módulo cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera o I Control de Menores de Atletismo, no cal participaron varios atletas do club.

Así, na categoría benxamín femenino, Carla Reija gañaba as súas probas de 50 metros e 1.000 metros respectivamente. Polo que se refiere a categoría alevín, David Fariñas era cuarto nos 500 metros lisos cun crono de 1.34.

Os infantiles eran os que máis presencia tiñan entre a nosa representación. Así, Paula Piñón gañaba as probas de salto de altura e lanzamento de peso. Na primeira cun salto de 1.38, e na segunda cun mellor tiro de 8.54 metros. Tamén era terceira nos 60 metros lisos cun tempo de 9.29 minutos. Pola súa parte, Noelia Sánchez gañaba a proba dos 2.000 metros lisos cun crono de 7.10 minutos. Na proba de salto de altura, Andrea Fariñas era segunda, cunha marca de 1.29 metros, mentras que nos 2.000 metros lisos era cuarta cun tempo de 7.43 minutos. Lucía Neira era quinta na súa serie dos 60 metros lisos cunha marca de 10.37.

Xa entre os nenos da categoría infantil, Samuel Castedo lograba as victorias nas probas dos 60 metros valos, cun tempo de 12.26 segundos e tamén na do salto de altura, onde facía un mellor salto de 1.37 metros. Noel Villarabide era segundo nos 2.000 metros lisos cun tempo de 7.09 minutos e o mesmo posto na proba de altura, cunha marca de 1.29 metros. Jorge Santos era segundo no peso cun tiro de 7.98 metros. E por último, Mateo Jaúregi ocupaba a terceira posición no salto de altura cunha marca de 1.10, mentras que nos 500 metros lisos lograba a cuarta posición cun tempo de 1.35 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario