Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 7 de marzo de 2016

Resultados Fin de semana do 28 de febreiro

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA. MOTRIL (GRANADA)
 
O pasado 28 de Febreiro, tres integrantes do noso club tomaban parte no Campeonato de España de marcha en ruta, que se disputaba na villa granadina de Motril. Alí acudían Marcos Burgo e Miguel Ángel Sánchez na categoría masculina e Vanesa Blanco na categoría femenina.

 
Gran actuación dos nosos nenos, xa que Marcos Burgo e Miguel Ángel López facían unha gran carreira, e permitía ca súa actuación levar a selección galega o subcampeonato de España por federacións na categoría cadete. Marcos finalizaba no posto 10 da xeral cun gran crono de 25.44 minutos, marca que supón una nova MMP. Pola súa parte, tamén Miguel facía unha MMP o conquerir unha marca de 27.05, que lle adxudicaban a vixesima posición neste campeonato nacional.
 
Por último, tamén destacable actuación de Vanesa Blanco na categoría cadete femenino, onde finalizaba os 5 km marcha no posto 40 da xeral, e cun crono de 30 minutos pelados, moi cerca da súa mellor marca persoal. A selección galega finalizaba no noveno posto na clasificación de federacións.



CAMPEONATO GALEGO XUVENIL-XUNIOR DE PISTA CUBERTA
 
 
Tamén este fin de semana se disputou na cidade de A Coruña o Campeonato Galego de Pista Cuberta para as categorías xuvenil e júnior, e na cal tomaron parte os atletas Adrián Lage e Cristian Montecelo, cun balance final de dous podiums.
 


Así, Cristian Montecelo lograba o subcampeonato autonómico na proba dos 50 metros valos, nun final moi axustado, onde marcou o mesmo tempo co gañador da proba. Na proba do triplo salto lograba a medalla de bronce cunha MMP de 12.29 metros, mentras que nos 800 metros lisos conquería a quinta posición.

Pola súa parte, Adrián Lage lograba a cuarta posición na proba dos 800 metros lisos.


CAMPEONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO. LUGO
 
 
O pasado domingo 28 de Febreiro se disputou en Lugo o Campeonato Provincial de Pista Cuberta para as categorías benxamín, alevín e infantil, donde o club tivo un total de 16 medallas, sendo delas 10 de ouro, 4 de plata e dúas de bronce.
 
A gran triunfadora da xornada foi Paula Piñón, que lograba un total de catro medallas, sendo delas tres de ouro. Así, Paula se impoñía nos 60 metros valos, no triple salto e no lanzamento de peso, mentras que obtiña unha medalla de bronce no salto de altura. Pola súa parte, Lucía Varela tamén lograba dous ouros, no salto de altura e nos 1.000 metros lisos. Tamén Noelia Sánchez se proclamaba campeona provincial na proba dos 500 metros lisos, sendo ademáis segunda no triple salto.
 
Polo que se refiere a categoría infantil masculina, Jorge Santos lograba a medalla de ouro na proba do lanzamento de peso e Noel Villarabide tamén gañaba o ouro na proba dos 1.000 metros lisos. Do mesmo xeito, Mateo Jauregui se impoñía na proba do triple salto, mentres o seu compañeiro de equipo Samuel Castedo lograba a medalla de plata. O propio Samuel tamén conquería o subcampeonato provincial no salto de altura.
 
Tamén moi boa a participación na categoría alevín, xa que Alexis Castedo se proclamaba campeón provincial no salto de altura, mentras que Carla Reija era segunda no salto de altura e quedaba en terceira posición nos 50 metros lisos. Noa Mouriz lograba a cuarta plaza na proba de salto de altura. Por último Leyre Santos tamén lograba a cuarta plaza na proba de lanzamento de peso alevín.


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario