Atletismo Friol

Atletismo Friol

viernes, 14 de octubre de 2016

Resultados Fin de semana 9 de outubro

CORUÑA 10.




Gran actuación dos nosos atletas na clásica Coruña 10, unha das máis importantes carreiras atléticas da temporada galega e na cal se coseguiron un total de catro pódiums.

Así, María Carballido lograba imporse con solvencia na categoría cadete, mentras que a súa compañeira de club, Noelia Sánchez facía o propio na categoría infantil. Nesta mesma categoría, Nerea Lage lograba o tercer escalafón do pódium. Polo que respecta a categoría xuvenil, Adrián Lage lograba o segundo posto na categoría xuvenil.


Na proba absoluta tomaron parte tamén Jesús Rivas, que lograba o posto 111 da xeral, onde facía un crono de 37.45 minutos  sobre os 10 kilómetros do percorrido e Ester Mourenza, que finalizaba no posto 372 da clasificación femenina cun crono de 59.49 miuntos.
















6 HORAS DE PORTUGAL

Por outra banda, Fernando Ibarra tomaba parte nun novo reto dentro da súa extraordinaria temporada de ultrafondo e se desprazaba ata o país veciño para a disputa das 6 Horas de Portugal. Fernando lograba o quinto lugar da xeral nesta imporante proba deportiva, mentras que ocupaba a segunda posición na súa categoría de veteranos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario