Atletismo Friol

Atletismo Friol

domingo, 18 de diciembre de 2016

Resultados Fin de semana 11 decembro

CARREIRA LUGO MONUMENTAL
 
O pasado domingo 11 de Xaneiro se disputou na cidade de Lugo a Carreira Lugo Monumental, na cal tomaron parte cerca de 40 atletas do noso club, e onde se lograban un total de tres podiums.
 
Así, na categoría C, Noelia Sánchez lograba a victoria con autoridade, mentras que a súa compañeira Aldara Ceide tamén lograba a victoria na categoría A. Pola súa parte, Ramón González lograba subir o segundo escalafón do podium na categoría A.
 
O resto de actuación dos atletas do club foi a seguinte:
 
Na categoría A:
 
Mateo Villar- posto 9
Noa Mouriz- posto 11
Lucía Espiñeira- posto 14
Samuel Villar- posto 16
Uxía Platero- posto 21
Abel Fágil- posto 28
Rebeca Vázquez- posto 30
Manuel Folgueira- posto 32
Andrés Gutierrez- posto 42
 
Na categoría B:
 
Carla Reija- posto 4
Rebeca Arias- posto 7
Andrea Espiñeira- posto 14
Leyre Santos- posto 16
Eva Rose Merchant- posto 18
Jesús Fagil- posto 18
Mateo Aguiar- posto 19
Héctor Trabado- posto 20
Nerea Montes- posto 21
Molly Jane Merchant- posto 24
Gael Rodríguez- posto 32
Alexis Castedo- posto 39
Mario Campos- posto 40
Xoel Castiñeira- posto 45
 
Na categoría C:
 
Nerea Lage- posto 4
Lucía Varela-posto 5
Marcos Burgo- posto 6
Noel Villarábide- posto 7
Samuel Castedo- posto 8
Abelardo Fernández- posto 11
Vanesa Blanco- posto 12
Jorge Santos- posto 13
Juan Zas- posto 15
 
Polo que respecta a categoría absoluta,  o mellor clasficado era Jesús Rivas, que lograba o posto 51 da xeral, cun gran crono de 37.52 minutos. Pola súa parte, o xuvenil Miguel Ángel López o facía no posto178 cun tempo de 42.01 minutos, mentras que o veterano Manuel Ceide acadaba o posto 689 da xeral. Na categoría de féminas, Paula García ocupaba o posto 123 e a súa compañeira Ester Mourenza o facía no posto 66.

CAMPEONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO. A POBRA DO CARAMIÑAL.
 
O pasado sábado 26 de Novembro se disputou en A Pobra do Caramiñal o Campeonato Galego de Marcha de Inverno, no cal tomaron parte 11 atletas do noso club, e onde se lograron un total de catro pódiums.

Noelia Sánchez lograba a segunda posición na categoría cadete, marcando ademáis en meta un excelente crono de 15.29 minutos sobre os 3.000 metros da proba, que supón ademáis a mínima para o Campeonato de España Cadete que se disputará en Murcia o vindeiro mes de Xullo. Pola súa parte, a súa compañeira de equipo, Nerea Lage, lograba a medalla de bronce cun crono de 15.32 minutos, marca que tamén lle sirve para acudir a dito campeonato nacional.

Outro destacado pódium foi o de Juan Zas, que no seu debut na distancia dos 5000 metros lograba auparse o segundo escalafón do pódium, mentras que o tamén debutante Lucas Castiñeira lograba a medalla de bronce na proba benxamín. Noa Mouriz rozaba as posicións de pódium, e conquería o cuarto posto na proba benxamin. O mesmo ocurría con Mario Campo na proba alevín, donde tamén firmaba a cuarta posición.

Outro cuarto posto o lograba Miguel Ángel Sánchez na categoría xuvenil. Vanesa Blanco entraba en sexta posición na categoría cadete e a súa compañeira Eva Freire nesta mesma proba era novena. Por último, Leyre Santos acadaba o décimo posto na categoría infantil.
 
 
 
TROFEO MARCHA JOSEFINA ROMERO 2015/2016
 
Coincidindo ca disputa do Galego de marcha de inverno, se celebrou a entrega de trofeos do Circuito de Marcha Josefina Romero, correspondente a tempada 2015/2016 e na cal o noso club levou un total de catro pódiums.
 
Así, na categoría alevín, Mario Campo lograba o segundo posto, mentras que Nerea Lage se levaba o título na categoría infantil. A súa compañeira de equipo, Noelia Sánchez se facía co subcampeonato do circuito na mesma categoría. Por último, Miguel Ángel Sánchez lograba o tercer posto na categoría xuvenil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario