Atletismo Friol

Atletismo Friol

domingo, 15 de enero de 2017

Resultados Fin de semana 31 decembro

SAN SILVESTRE RÁBADE
 
Cerca de 20 atletas do club estiveron o pasado 31 de Xaneiro en Rábade para a celebración da San Silvestre de dita localidade, e onde se lograron un total de 3 pódiums.

Así, na categoría A tanto Ramón Loureiro como Aldara Ceide lograban a victoria na proba masculina e femenina respectivamente. Pola súa parte, Noa Mouriz lograba a cuarta posición, mentras que a súa compañeira de equipo Mara Montes entraba no quinto posto. Pola súa parte, Rebeca Vázquez era novena e Uxía Platero, decimoterceira. Entre os nenos, Mateo Miragaya era quinto, Abel Fagil noveno, Iván Neira decimosegundo, Lucas Castiñeira decimoterceiro e Andrés Gutierrez, decimocuarto.

Polo que respecta a categoría B, Mateo Aguiar e Jesús Fagil lograban a cuarta e quinta posición respectivamente, mentras que os seus compañeiros Mario Campo e Xoel Castiñeira eran noveno e décimo respectivamente. Polo súa parte, Leyre Santos era octava na proba femenina.

Por último, na categoría C, Cristian Santos lograba o pódium, o acadar a segunda posición mentras que Ángel Martínez entraba no séptimo posto.

Tamén tomaron parte neste evento os profesores Felipe Barata e Nemesio Gutierrez, que finalizaban no posto 32 e 104 da xeral, respectivamente. 
 
 
 
SAN SILVESTRE LUGO
 
Tamén houbo representación na San Silvestre de Lugo. O máis destacado nesta proba era Jesús Rivas, que lograba o posto 21 da xeral, marcando ademáis un crono de 23.10 minutos na liña de meta.
 
Pola súa parte, Diego Trigo lograba o posto 71 da xeral, mentras que Paula García e Ester Mourenza finalizaban no posto 80 e 97 da xeral respectivamente.
 
Nas proba de menores, Lucía Varela lograba o segundo posto na categoría cadete.
 
 
CAMPEONATO GALEGO DE VETERANOS.
 
Jesús Rivas e Ester Mourenza tomaban parte no Campeonato Galego de veteranos, que se disputaba o pasado fin de semana en A Coruña. Ester lograba subirse o podium na proba de lanzamento de peso, onde lograba a medalla de plata cun lanzamento de 6.29 metros.
 
Pola súa parte, Jesús Rivas lograba a sexta posición na proba dos 1.500 metros lisos, onde facía un crono de 4.52 minutos. Na proba dos 800 metros, Ester finalizaba na cuarta posición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario