CAMPEONATO DE MARCHA EN RUTA. VALVERDE (EL HIERRO).
O pasado sábado 4 de Marzo se disputou na localidade de Valverde (El Hierro) o Campeonato de España de Marcha en Ruta por Federacións, e no cal estaban presentes tres atletas do noso club en representación da selección galega de marcha.
O atleta máis destacado era Marcos Burgo, que lograba a décima posición da xeral, facendo ademáis un crono de 25.02 minutos, tempo que ademáis lle supón unha MMP na distancia. Ca súa actuación, Marcos contribuiu a que a selección lograse a terceira posición na clasificación de autonomías, subindo polo tanto o podium neste evento nacional.
Pola súa parte, Noelia Sánchez entraba en undécima posición e Nerea Lage era duodécima, facendo ambas un tempo de 27.33 e 27.46 respectivamente. Tamén na categoría cadete femenino a selección galega subía o tercer peldaño do podium.
I CROSS PONTE ROMANA. LUGO
O pasado domigo 5 de Marzo se disputou a I Edición do Cross Ponte Romana de Lugo, que ademáis servía de homenaxe a Palelas, unha das persoas máis significativas na Historia do Atletismo Lucense. A esta proba acudían cerca de 20 atletas do club, que fixeron que o Atletismo Friol fose o gañador deste evento na categoría de menores. Ademáis, o club lograba un total de 6 podiums.
Así, na categoría benxamín, Aldara Ceide lograba a victoria na categoría femenina, mentras que o seu compañeiro de equipo Ramón Loureiro facía o mesmo na categoría masculina. Pola súa parte, Noa Mouriz lograba a cuarta posición na categoría femenina e Ánxela Maneiro conquería idéntica posición na categoría alevín.
Xa na categoría infantil masculino, Javier Lourés entraba en terceira posición, mentras que na proba cadete femenina Vanesa Blanco tamén se subía o tercer escalafón do podium. Nesta mesma categoría Eva Freire tamén era cuarta. Por último Cristian Santos era segundo na proba cadete masculina e Miguel Ángel Sánchez entraba en terceira posición na proba masculino femenino.
Pola súa parte, na proba absoluta, Jesús Rivas lograba o posto 18 da xeral e Manuel Ceide entraba no posto 99, mentras que Ester Mourenza lograba o posto 31 da categoría femenina.
XORNADA DE ATLETISMO DE MENORES EN PISTA CUBERTA. LUGO
Cerca de 30 nenos e nenas do club estiveron presentes na 1ª Xornada de Menores de pista cuberta que se disputou o pasado sábado 4 de Marzo no módulo cuberto e nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo.
Sinalar os podiums de Aldara Ceide na proba dos 1.000 metros lisos benxamín, onde resultaba gañadora, así como Ramón Loureiro, que era segundo nos 500 metros lisos benxamin. Pola súa parte, Carla Reija era segunda tamén na proba dos 1.000 metros lisos alevín e David Fariñas lograba a terceira posición na proba dos 500 metros infantil.
Nas probas celebradas dentro do módulo cuberto, destacaron os cuartos postos de Aldara Ceide no concurso da lonxitude benxamín, o de Nerea Montes no salto de lonxitude infantil, o de David Fariñas na lonxitude infantil, o de Jesús Fagil no triple infantil e o de Zeltia Sain-Maza no lanzamento de peso benxamín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario