Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 1 de marzo de 2017

Resultados fin de semana 19 de febreiro

CAMPEONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS. LOURENZÁ
 
Na xornada do pasado 19 de Febreiro se disputou na localidade de Lourenzá o Campeonato Provincial de Campo a Través, e onde houbo unha nutrida representación de nenos e nenas do noso club. Neste evento se lograban un total de 6 podiums.

Así, Ramón Loureiro se alzaba con título de campeón provincial na categoría benxamín masculino, mentras que a súa compañeira de equipo Noelia Sánchez tamén lograba o entorchado provincial na categoría cadete femenino. Nesta mesma proba, Lucía Varela lograba o subcampeonato provincial por detrás de Noelia. Precisamente, o equipo cadete femenino tamén lograba a medalla de ouro na clasificación por equipos. A medalla de plata a conquería o equipo cadete masculino, mentras que Cristian Santos lograba a medalla de bronce na proba cadete masculino.

Na proba benxamín femenino, Aldara Ceide lograba a quinta posición, mentras que na proba alevín femenina, Carla Reija era a mellor clasificada e logrando tamén a quinta posición. Rebeca Arias era decimocuarta, Ánxela Maneiro vixesimosexta e Eva Rose Merchant, trigesimocuarta. Polo que respecta os nenos da categoría alevín masculino, Mateo Aguiar era trixesimoprimeiro, Héctor Trabado triseximosegundo, Xoel Castiñeira cuadrixesimoterceiro e Alexis Castedo cuadraseximoquinto.

Polo que respecta a proba infantil femenina, Leyre Santos entraba no posto 34, Andrea Espiñeira no 36, Nerea Montes no 39 e Molly Jane Merchant no 41. Entre os nenos, o mellor era David Fariñas, que era octavo, Juan David López, decimoprimeiro, Javier Lourés, vixesimosexto e Jesús Fagil, vixesimoséptimo.

Na categoría cadete femenino, ademáis dos dous pódiums das citadas Noelia e Lucía, Nerea Lage era sexta, Andrea Fariñas, séptima, Vanesa Blanco lograba a a decimoterceira posición e Eva Freire a viseximocuarta. Por último, entre os nenos, Marcos Burgo lograba a cuarta posición, Mateo Jauregui o posto 12 e Abelardo Campo, o posto 22.

CONTROL MARCAS OVIEDO.

No Control de marcas de Oviedo, que se disputou o pasado sábado 18 de Febreiro, a nosa atleta Lucía Varela tomaba parte na proba dos 1.000 metros lisos e na cal facía un tempo de 3.10.95, marca que supón a mínima para tomar parte no vindeiro Campeonato de España de pista cuberta, que se disputará na localidad de Antequera (Málaga)

QUIROGA TRAIL CHALLANGE.

Na proba de montaña de Quiroga, presencia do atleta Jesús Rivas, que lograba unha fenomenal quinta posición na clasficación xeral, onde facía un tempo 1.50 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario