Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 20 de marzo de 2017

Resultados Fin de semana 11 de marzo

CAMPENATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS. VILLALBA
 
Gran actuación dos nosos deportistas no Campeonato Galego Escolar de Cross que se disputou o pasado sábado 11 de Marzo na vila de Villalba e onde o club lograba un total de dous podiums.
 
As grandes protagonistas deste evento volveron a ser as nenas do equipo cadete femenino, que o igual co ano pasado na categoría infantil, volvían a subir o máis alto do podium e se proclamaban campeonas galegas. Noelia Sánchez, Lucía Varela, Nerea Lage, Andrea Fariñas, Vanesa Blanco e Eva Freire lograban polo tanto aupar o equipo o máis alto da clasificación por equipos.
 

Na actuación individual Noelia lograba o subcampeonato galego de cross, mentras que Lucía Varela entraba na cuarta posición. Esta actuación de ambas lles servía para lograr a clasificación para o campeonato de España de Cross Escolar por Federacións, que se disputará o último fin de semana de marzo na localidade extremeña de Don Benito. Completaba equipo Nerea Lage que remataba no posto 17, Andrea Fariñas no posto 24, Vanesa Blanco no posto 38 e Eva Freire no 49.
 
Pola súa parte, o equipo cadete masculino lograba a séptima posición, sendo Cristian Santos o atleta máis destacado o acadar a decimoquinta posición. Pola súa parte, Marcos Burgo finalizaba no posto 19, Mateo Jaúregi remataba no posto 34, Noel Villarabide no 35 e Abelardo Campo finalizaba no posto 42.
 
No apartado individual, Carla Reija remataba no posto 15 na categoría alevín, mentras que na proba infantil, David Fariñas lograba o posto 25.

102 KM O CARBALLINO-SANTIAGO
 
Gran actuación do chantadino Fernando Ibarra na proba de ultrafondo que une as localidades de O Carballino con Santiago, e na cal o fenomenal ultrafondista lograba unha meritoria segunda posición da xeral, mentras que gañaba a súa categoria no apartado de veteranos.
 
Fernando marcaba un excelente crono de 10.50 horas en liña de meta, sobre un percorrido moi duro. Esta proba lle servía de pistoletazo de saída a unha temporada na cal está fixada como gran obxetivo os 6.000 kilómetros de Brasil no mes de novembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario