CAMPEONATO GALEGO INTANTIL DE PISTA CUBERTA. A CORUÑA
Boa actuación a dos nosos nenos no Campeonato Galego de Pista Cuberta para as categorías benxamín, alevín e infantil que se desenrolou na cidade de A Coruña e na cal tomaron parte os atleta María Carballido, Vanesa Blanco e Cristian Santos, no que era o seu debut nun evento de pista cuberta.
Cristian Santos lograba a octava posición na proba dos 1.000 metros lisos cunha marca de 3.30 minutos. O mesmo atleta lograba a novena posición na proba de tripe salto cunha mellor marca de 7.34 metros.
Polo que respecta as nenas, na proba de 1.000 metros lisos, María Carballido lograba a novena posición cun crono de 3.37 minutos e a súa compañeira de equipo Vanesa Blanco conquería a posición 16 na mesma proba cun crono de 3.47 minutos.
CAMPEONATO GALEGO DE VETERANOS. A CORUÑA
O pasado domingo 2 de Marzo se disputou na cidade de A Coruña o Campeonato Galego de Veteranos, na cal houbo unha representante do noso club, Carmen Expósito que logrou unha medalla de ouro.
Carmen se impuxo na proba dos 3.000 metros lisos na categoría de W-55, logrando un crono de 15.30 na citada proba. Noraboa a Carmen por este éxito deportivo.
INTERRUNNING PORRIÑO E CROSS COUNTRY LUGO.
Na xornada do domigo 2 de Marzo se disputou en Porriño e Lugo dúas probas populares na cal tomaron parte atletas do club.
Na localidade de Porriño se celebrou unha das probas máis importantes do calendario atlético galego a nivel de carrerias populares, e na cal tomaron parte os atletas do club Ramón López e Mar Pérez. Sobre un circuito de 10 kilómetros, Mar López acababa no posto 80 na proba das féminas cun crono de 31.52 minutos, mentras que Ramón o facía no posto 522 cun crono de 44.47 minutos.
Polo que respecta o I Cross Country de Lugo, Suso Rivas finalizaba a competición no posto 16 da xeral (5º na categoría), mentres que Ester Mourenza finalizaba no cuarto posto entre as féminas na súa categoría
No hay comentarios:
Publicar un comentario