Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 17 de marzo de 2014

Resultados Fin de semana 16 de marzo

1ª PROBA CLASIFICATORIA ATLETISMO EN PISTA. LUGO

O pasado domingo 16 disputouse nas pistas Gregorio Pérez Rivera a 1ª Xornada Clasificatoria de Atletismo en Pista, na cal tomaron cerca de 20 atletas das categorías benxamín e alevín do club. Nesta primeira posta en acción ca tempada o aire libre, os
nosos nenos tiveron un bo comportamento, sendo para moitos eles o primeiro contacto cunhas pistas de atletismo.

Todos tiveron unha boa actuación, e entre eles destacou a victoria de Mario Campos na proba de 1 km marcha, así como os terceiros postos de Nerea Lage na proba de 2 km marcha alevín, Leire Santos na proba de lanzamento de peso benxamín, e de Jorge Santos nas probas de lanzamento de peso e lanzamento de pelota benxamín.

O vindeiro dia 30 será o turno para os atletas da categoría infantil.



CORRE CON NÓS. SANFIZ. LUGO
Disputouse na matinal do domingo unha nova proba do circuito lucense do “corre con nós”, onde tomaron parte cerca dunha docena de atletas do club. O máis destacado volveu a ser a presencia dos atletas de menores nos postos de honra das súas respectivas categorías, así como a victoria na súa categoría de veteranas de Carmen Expósito. Nas citadas categorías inferiores se lograban un total de 3 podiums.
De esta maneira, na categoría B, Cristian Santos volvía a lograr o segundo posto, mentras que a súa compañeira Vanesa Blanco tamén lograba esta misma posición na categoría femenina, demostrando ambos o gran estado de forma no que se atopan.
O segundo posto tamén o conquería María Carballido na categoría C femenina, mentras que o seu compañeiro Miguel Angel Sánchez lograba o posto 14.
Polo que se refiere a proba absoluta, o mellor clasificado volveu a ser Suso Rivas, que lograba un meritorio 73 posto na clasificación xeral. O resto da actuación dos nosos atletas foi o seguinte:
Rubén Ceide- posto 148
Fernando González- posto 284
Roberto Longarela- posto 434
Judith Prado- posto 97 F
Carmen Expósito- posto 109 F
Ester Mourenza- posto 150 F
Paula García- posto 151 F

No hay comentarios:

Publicar un comentario