Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 10 de marzo de 2014

Resultados Fin de semana 9 de marzo


CAMPEONATO GALEGO CADETE ESCOLAR DE CROSS. A POBRA DO CARAMIÑAL
 Bo resultado a da nosa representante no Campeonato Galego Escolar que se disputou na localidade de A Proba do Caramiñal. A atleta cadete Ana Varela lograba finalizar no posto 15, o que ven a refrendar a recuperación dunha atleta que leva arrastrando problemas físicos toda a temporada, demostrando ademáis ser unha brava competidora.
 
Con esta proba se da por rematada a temporada oficial de campo a través, no cal os nosos atletas rendiron de xeito brillante.
 
 
III CARREIRA POPULAR DE CAMARIÑAS.
 
Tamén houbo presencia do club nesta III Edición da Carreira Popular de Camariñas, e na cal se logrou un podium a cargo da xoven atleta Irea Ferreiro, que lograba a terceira posición na categoría
alevín.
 
Pola súa parte, Fernán López lograba a 19ª posición na categoría absoluta, sendo ademáis sexto na súa categoría de veteranos M-40. Fernán completaba os 10 kilómetros do que constaba o duro trazado da localidade da Costa da Morte cun crono de 38.40 minutos.
 
Noraboa a estes dous atletas que con tanta ilusión están a dar as súas primeiras zancadas no mundo do atletismo.
 
 
I CROSS COUNTRY CABANAS.
 
E boas novas tamén nesta proba de cross que se disputou na localidade coruñesa de Cabanas, e na cal tomaban parte outros dous atletas do club, logrando ambos subir o podium.
 
Ester Mourenza conquería a segunda posición na súa categoría, ocupando o posto 19 da xeral femenina.
 
Pola súa parte, Suso Rivas volvía a subir o podium noutra proba deste circuito, logrando a terceira posición na súa categoría de veteranos. Ademáis, lograba finalizar no posto 12 da xeral.


 
Noraboa a estes auténticos entusiastas deste deporte. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario