Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 31 de marzo de 2014

Resultados Fin de semana del 1 de abril

1ª PROBA CLASIFICATORIA ATLETISMO EN PISTA. CATEGORÍA INFANTIL

Disputouse nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera, a primeira proba clasificatoria de atletismo en pista do programa Xogade para a categoría infantil e na cal tomaron parte 8 atletas do club, logrando uns bos resultados no seu primeiro contacto ca pista o aire libre na presente tempada. Nesta primeira proba se conseguiron un total de 5 victorias.

A máis destacada foi María Carballido, que lograba un doblete nas probas de lanzamento de peso cunha marca de 6.58 metros e tamén na de lanzamento de disco, donde mandou o artefacto a 15.74 mentros. Para rematar, María lograba o segundo posto nos 3.000 metros lisos con 12.37 minutos.

Victorias tamén dos atletas que tomaban parte nos 3 km marcha, Vanesa Blanco e Marcos Burgo, que lograban un crono de 22.44 e 23.09 respectivamente. A última victoria foi para Cristian Santos nos 3.000 metros lisos, onde lograba un tempo de 11.54 minutos. Nesta misma proba, Angel Martínez lograba a segunda posición con 13.03 minutos.

O propio Cristian Santos lograba a terceira posición na proba de triple salto, mentras que nos 500 metros lisos, Adil Loussini tamén acadaba esa posición

CONTROL FEDERADO CADETE. LUGO

Conxuntamente ca proba infantil, se disputaba tamén un control federado para os atletas da categoría cadete e onde participaban catro atletas do club.

Gael Jaúregi gañaba a súa serie de 300 metros lisos (sin tempo oficial) e facía o propio cos 600 metros lisos, onde firmaba un crono de 1.44 minutos. Nesta mesma proba Tino Villar era cuarto con 1.55 minutos.

Tamén tomaba parte nos 3.000 metros Adrián Lage, que gañaba a proba cun crono de 11 minutos exactos. Por último, Pablo Piñón lograba a segunda posición na proba de salto de altura cunha marca de 1.50.

Todos estos rexistros son MMP para os xoves atletas que están a comenzar a temporada ó Aire Libre.

CARREIRA POPULAR TORRE DE HÉRCULES. A CORUÑA

Na xornada do sábado 29 de Marzo tivo lugar a prestixiosa proba da Carreira Popular da Torre de Hércules, na cal se deron cita máis de 2.000 atletas de todas as categorías e na cal había representación do club a cargo do xuvenil Rubén Ceide, e na cal se lograba un valioso podium.

Rubén lograba unha brillante terceira posición na citada categoría xuvenil, despois dunha carreira de menos a máis, demostrando o bo estado de forma no que se atopa. Destacar a nutrida participación de menores nunha das mellores probas a nivel organizativo do calendario atlético galego.

CARREIRA POPULAR DE MONFORTE.


Na matinal do domingo 30 celebrouse na cidade de Monforte unha nova edición da súa carreira popular, na cal tomaban parte 7 atletas do club e na cal se logrou un podium.

Así, na categoría prebenxamín, a xovencísima Aldara Ceide lograba o citado podium da delegación do club, o rematar a súa proba na segunda posición. Tamén tomaron parte na mesma os atletas da proba masculina Mateo Aguiar e Ramón Loureiro.

Pola súa parte, as atletas da categoría alevín femenino Noelia Sánchez e Nerea Lage lograban rematar no cuarto e quinto posto, respectivamente.

No tocante os adultos, Marcos Lage e Paula García remataban os dous no posto 73 da xeral das súas respectivas probas masculina e femenina.

10 KILÓMETROS VILLA DE XINZO

Tamén se disputou na vila ourensá de Xinzo a clásica popular dos 10 km. Villa de Xinzo, na cal tomaba parte o atleta Fernán López, logrando un valioso podium na categoría de M-45, o rematar en terceira posición.

Ademáis, o atleta de Begonte lograba rematar no posto 30 da xeral cun crono de 38:33, o que supón ademáis unha nova MMP.

No hay comentarios:

Publicar un comentario