O pasado domingo 14 de Decembro celebrouse en Monforte a 1ª proba preparatoria de Campo a Través do programa Xogade para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e na cal tomaron parte uns 25 atletas do noso club, que foi o máis destacado de todos os participantes, logrando un total de 10 podiums.
Estes viñeron a cargo dos seguintes atletas. Na categoría benxamín femenino, Ánxela Maneiro lograba a terceira posición. Xa entre os alevines masculinos, Michael López lograba a victoria por diante do seu compañeiro de equipo David Fariñas, que entraba na segunda posición.
Polo que respecta a categoría infantil femenino, triplete das nenas de Friol, xa que ademáis da victoria de Andrea Fariñas, hai que sumar o segundo e tercer posto de Noelia Sánchez e Nerea Lage. Entre os nenos, Marcos Burgo lograba a segunda posición e Samuel Castedo entraba na terceira posición.
Por último, na categoría cadete, Adil Loussini lograba a victoria, mentras que o seu compañeiro de equipo Alex López lograba a terceira posición.
CROSS DOS MENHIRES. A CORUÑA
Tamén houbo este fin de semana representación do club no II Cross dos Menhires, ca presencia de Jesús Rivas e Ester Mourenza. Suso lograba o posto 55 da xeral e Ester o 53 na proba de féminas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario