O pasado sábado 29 de Novembro se disputou na cidade de A Coruña o Campeonato Galego de marcha en pista, na cal tomaron parte 5 nenos do club, que tiveron unha destacada actuación nas súas respectivas probas.
Neste evento se lograba un pódium, xa que Marcos Burgo lograba proclamarse subcampeón gallego na categoría infantil masculina, despois de mellorar a súa mellor marca persoal na distancia dos 3 km marcha cun crono de 17.08 minutos, co cal se lograba a primeira medalla nun autonómico na presente temporada.
Na mesma categoría, tamén moi destacada foi a actuación das nosas nenas, xa que Vanesa Blanco, Noelia Sánchez e Nerea Lage lograban a cuarta, quinta e sexta posición respectivamente. Ademáis, Vanesa lograba a súa MMP cun crono 19.07 minutos e Nerea e Noelia lograban finalizar os seus 3 km na categoría en torno os 20 minutos.
Por último, o benxamín Mario Campos lograba estar cerca das posicións de pódium, o lograr o cuarto posto na súa proba, logrando tamén mellorar a súa MMP na distancia.
1ª PROBA DO CORRE CON NÓS. PISTAS GREGORIO PÉREZ RIVERA.
O pasado domingo 30 de Novembro se disputou nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo a 1ª proba puntuable para o circuito de carreiras do Corre con Nós, e na cal tomaron parte cerca de dez nenos do colexio, que tiveron unha destacada actuación, logrando un total de cinco pódiums nunha das citas máis importantes do calendario provincial de probas populares.
Así, a proba máis destacada foi a da categoría C masculina, onde se impuxeron os atletas de Friol, co triunfo de Adrián Lage e o segundo posto do seu compañeiro de equipo Cristian Santos, nunha proba na que os dous rendiron a un gran nivel. Nesta mesma carreira, Alex López lograba finalizar no noveno posto.
En canto as nenas desta categoría, sensacional tamén o seu comportamento, sendo María Carballido segunda e Vanesa Blanco sexta.
Xa na categoría C, tamén meritoria a actuación dos nosos representantes, xa que Noel Villarábide lograba finalizar na terceira posición e Samuel Castedo na cuarta. Polo que respecta as nenas, Noelia Sánchez accedía o terceiro caixón do pódium e Nerea Lage lograba a décima posición nesta mesma proba.
Por último, na categoría A, Aldara Ceide lograba finalizar no posto 19 da súa categoría
Polo que respecta os adultos, o máis destacado era Suso Rivas, que lograba o posto 105 da xeral, mentras que Carmen Expósito lograba a segunda posición dentro da súa categoría de veteranas. O resto da actuación dos atletas foi a seguinte:
Manuel Ceide- posto 426
Fernando González- posto 531
CONTROL FEDERADO DE MENORES. FERROL
Se disputou na cidade de Ferrol o primeiro control federado de menores da temporada, na cal tomou parte a atleta Paula Piñón, que tivo unha destacada actuación , xa que gañou unha proba e logrou a segunda posición na outra na que tomaba parte.
Así, Paula lograba imporse na proba dos 60 metros valos cun crono de 12.29, no que era ademáis o seu debut na especialidade. Paula completaba a matinal cun segundo posto na proba de salto de lonxitude cunha marca de 3.57 metros, o que demostra o bo estado de forma no que se atopa a atleta lucense.
Se disputou na cidade de Ferrol o primeiro control federado de menores da temporada, na cal tomou parte a atleta Paula Piñón, que tivo unha destacada actuación , xa que gañou unha proba e logrou a segunda posición na outra na que tomaba parte.
Así, Paula lograba imporse na proba dos 60 metros valos cun crono de 12.29, no que era ademáis o seu debut na especialidade. Paula completaba a matinal cun segundo posto na proba de salto de lonxitude cunha marca de 3.57 metros, o que demostra o bo estado de forma no que se atopa a atleta lucense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario