Este domingo 21 de Decembro disputouse en Lugo a XII Edición da Monumental de Lugo, e na cal houbo unha representación de atletas do noso club, que tiveron unha destacada actuación sobre todo nas careiras de menores, logrando un total de catro pódiums
Así, na carreira B, Noel Villarábide lograba unha fenomenal victoria, mentras que o seu compañeiro de equipo Samuel Castedo conquería o sexto posto. Na carreira das nenas, Nerea Lage finalizaba nunha meritoria séptima posición.
Xa na categoría C, dominio dos atletas de Friol, xa que Adrián Lage lograba imporse na proba con claridade, mentras que Cristian Santos entraba en terceira posición. Tamén gran papel das nenas, xa que María Carballido lograba subir o segundo escalafón do pódium, sendo a súa compañeira Vanesa Blanco sexta na mesma proba.
Pola súa parte, na carreira absoluta, o máis destacado foi Jesús Rivas, que lograba o posto 157 da xeral, cun crono de 39.58 minutos sobre os dez kilómetros de percorrido. O resto da actuación dos atletas de Friol foi o seguinte:
Diego Trigo- posto 244 42.06 m
Ramón López- posto 498 45.41 m.
Roberto Longarela- posto 828 50.36 m.
Paula García- posto 205 F 1.02.29 h.
Ana Novo- posto 221 F 1.08.12 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario