Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 1 de diciembre de 2014

Resultados Fin de semana 22 de novembro

O pasado sábado 22 de Novembro disputouse na cidade de Lugo a II Edición da Eon Night Race, unha espectacular proba nocturna na que os corredores deben portar un frontal luminoso, o que fai desta proba unha ringleira de luz continúa a través de todos os corredores. Varios atletas do club tomaron parte nesta edición.

A atleta máis destacada foi María Carballido, que lograba unha excelente octava posición da clasificación xeral femenina, cubrindo os 4.3 km dos que constaba a proba nun tempo de 18.14 minutos. Tamén moi brillante foi a proba de Cristian Montecelo e Adrián Lage, que lograban o posto 16 e 18 da xeral absoluta respectivamente, nun evento que reunía a casi 800 atletas.


Pola súa parte, Adil Loussini lograba finalizar no posto 116 da xeral, mentras que Ángel Martínez o facía no posto 184. Ambos lograban mellorar máis de 100 postos con respecto a clasificación do ano pasado.

En canto os atletas veteranos, Suso Rivas lograba finalizar no posto 49 da xeral, Felipe Barata no 149, Roberto Longarela no 240, Fernando Castro no 358, Paula García Reboredo no 645 e Ester Mourenza no 646

Por último, sinalar que na proba de menores tomaron parte Noelia Sánchez e Nerea Lage, que lograban entrar entre as dez primeiras clasificadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario