II CROSS CONCELLO DE FRIOL.
O pasado sábado 10 de Xaneiro tivo lugar en Friol o II Cross Concello de Friol para as categorías inferiores, onde o noso club tivo unha nutrida participación o ser unha proba que se disputou na casa. Ata un total de 9 podiums lograban os nosos deportistas.
Así, na categoría benxamín, Eva Rose Merchant lograba a terceira posición. Polo que respecta a categoría alevín masculina, Juan David López tamén ocupaba a mesma posición do pódium.
Dominio dos atletas locales na categoría infantil, xa que Cristian Santos lograba o triunfo por diante do seu compañeiro de equipo Noel Villarábide. Entre as nenas, destacaba o tercer posto de Noelia Sánchez.
Gran carreira de María Carballido na proba cadete femenino, logrando un gran segundo posto despois dunha carreira moi valiente. No apartado masculino, triplete dos atletas locales, con Adrián Lage ocupando a primeira posición do pódium e Alex López e Adil Loussini acadando o segundo e tercer posto respectivamente.
CAMPEONATO PROVINCIAL DE CROSS.
Catro atletas do noso club tomaban parte no Campeonato Provincial Absoluto de Cross, co balance dunha medalla de prata a cargo do atleta xuvenil Cristian Montecelo, que lograba ese subcampeonato nunha meritoria proba onde foi de menos a máis. Tino Villar lograba rematar no posto 15 desta categoría.
Polo que respecta a categoría absoluta, Jesús Rivas remataba no posto 30 da xeral, mentras que Juan Carlos Varela entraba no posto 32.
CLASIFICATORIA CROSS ESCOLAR. MONFORTE
Disputouse o pasado fin de semana a proba clasificatoria de Campo a Través para o provincial de Villalba que se disputará o vindeiro mes de Febreiro. A competición, como ben sendo habitual se celebrou no Campo de Tiro de As Lamas, en Monforte. O club lograba un total de 12 podiums, ademáis de lograr tres títulos por equipos.
Eva Rose Merchant lograba a segunda posición na categoria benxamín, mentras que na proba masculina Mario Campos lograba a terceira posición. Na categoría alevín, Juan David López lograba a segunda posición.
Dominio das atletas de Friol na categoría infantil femenino, xa que Noelia Sánchez acadaba a victoria e Andrea Fariñas e Nerea Lage lograban a segunda e terceira posición respectivamente. Entre os nenos, Cristian Santos era o primeiro en entrar na liña de meta, seguido do seu compañeiro de equipo Noel Villarábide.
Polo que respecta a categoría cadete, victoria tamén de María Carballido, mentras que no apartado masculino triplete dos nosos atletas, gañando a proba Adrián Lage e logrando Alex López e Adil Loussini a segunda e terceira posición respectivamente.
Por último, na clasificación por equipos, os infantiles, tanto masculinos como femeninos, como o cadete masculino gañaban o títulos de campeóns comarcais.
Deixo o seguinte enlace para acceder as fotos da proba: FOTOS CROSS MONFORTE
CONTROL DE PISTA. LUGO
Tamén se disputou no Módulo de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera un control de marcas, no cal tomaba parte o atleta xuvenil Cristian Montecelo.
Cristian lograba unha marca de 11.45 metros no triplo salto, mentras que na proba dos 800 metros paraba o crono en 2.13 minutos, marcas ambas moi meritorias para ser un debutante nas mesmas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario