Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 19 de enero de 2015

Resultados Fin de semana 18 de xaneiro

TROFEO NACIONAL DE MARCHA “VILLA DE LOS MOLINOS”. CAMPO DE CRIPTANA  (CIUDAD REAL)
 
O pasado fin de semana catro nenos do noso club viaxaron e competiron na localidade castellanomanchega de Campo de Criptana (Ciudad Real), formando parte da delegación da Escola Galega de Marcha e na cal tiveron unha actuación moi destacada, logrando un total de 2 podiums nesta prestixiosa proba de marcha atlética, no Trofeo Nacional de Marcha “Villa de los Molinos”
 
Todos eles tomaban parte na categoría infantil. Marcos Burgo lograba a segunda posición, logrando un excelente crono de 16.38 minutos nos 3 km do circuito. Pola súa parte, Vanesa Blanco tamén subía o caixón, logrando un gran terceiro posto cun crono de 17.55 minutos. Noelia Sánchez e Nerea Lage eran cuarta e quinta con cronos de 17.58 e 19.30 minutos respectivamente. Todos eles lograban a súa MMP na distancia dos 3 km.
 
Todos estos deportistas tomaban parte no día seguinte no Cross “Villa de los Molinos “da mesma localidade e na cal os nosos nenos volveron a ter unha destacada actuación, logrando un fantástico pódiums a cargo de Noelia Sánchez, que acadaba o terceiro posto. Nesta mesma carreira, Vanesa Blanco lograba a quinta posición e Nerea Lage a sexta. Xa, por último, Marcos Burgo entraba en séptima posición na categoría masculina.


 
CORRE CON NÓS. NOCTURNA MONUMENTAL
 
Tamén se disputou na xornada do sábado a proba do Corre con Nós, e na cal tomaban parte 5 atletas do noso club, que lograban nesta ocasión un total de dous pódiums.
 
A máis, destacada era María Carballido que lograba a victoria na categoría C, mentras que o seu compañeiro de equipo Cristian Santos conquería o segundo posto do caixón na mesma categoría.
 
Na categoría B, Samuel Castedo rozaba o pódium, o lograr o cuarto posto, mentras que Irea Ferreiro entraba na séptima posición na proba femenina. Por último, na categoría A, Aldara Ceide lograba finalizar no posto 18.
 
En canto a clasificación de adultos, foi a seguinte.
 
Jesús Rivas- posto 100
Manuel Ceide- posto 351
Roberto Longarela- posto 406
Fernando González- posto 409
Carmen Expósito- posto 105 F (3ª categoría)
Ana Luisa Novo- posto 215 F

A atleta do equipo Paula García Reboredo sufrir un pequeno percance na proba, sufriendo un esguince de nocello. Ánimo Paula e mellórate, pronto estarás de volta.



No hay comentarios:

Publicar un comentario