MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO. FRIOL
Baixo unhas condicións climáticas excelentes, se disputou o pasado 25 de Xaneiro por segundo ano consecuitivo na nosa localidade o Memorial Alejandro Lorenzo de cross para as categorías inferiores, así como o Campeonato Galego Cadete e Xuvenil de Cross, onde tomaron parte todos os nenos e nenas do noso colexio, xa que era unha oportunidade magnífica de participar nunha proba de primer nivel autonómico.
Así, na categoría benxamín, Ánxela Maneiro lograba o noveno posto, mentras que a súa compañeira Eva Rose Merchan lograba o posto 20. Polo que respecta os nenos, Mario Capos entraba na posición 26, Mateo Aguiar no posto 29 e Alexis Castedo no 36.
Xa na categoría alevín femenino, Andrea Espiñeira lograba o posto 45, Molly Jane Merchant o 46, Leire Santos o 47 e Uxue Gómez o 48. Polo que respecta os nenos, David Fariñas era decimonoveno, Juan David Ramos, 26, Rubén Miragaya 38 e Jesús Fagil, 39.
Gran actuación das nenas infantiles, que se quedaron as portas do pódium por equipos, logrando o cuarto posto en dita categoría. A mellor foi Noelia Sánchez, que entraba no séptimo posto, mentras que Andrea Fariñas lograba o posto 12, Nerea Lage o 16, Vanesa Blanco o 35, Paula Piñón o 44, Noa Fagil o 45, Irea Ferreiro o 48 e Ana Villar o 52. Polo que respecta os nenos, o mellor era Cristian Santos, que entraba no quinto posto. O resto da actuación foi a seguinte: Samuel Castedo entraba no posto 30, Unai Frias no 35, Juan Zas no 39, Alejandro Fernández no 40 e Jorge Santos no 43.
CAMPEONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE CROSS
Outro dos eventos importantes da matinal foron os campeonatos galegos de cross cadete e xuvenil, que eran clasificatorios para os campeonatos de España de clubs e tamén de Federacións. Un gran éxito para o club foi a actuación de Adrián Lage, que nunha actuación chea de coraxe, garra e fe na victoria logrou a victoria nun apretadísima chegada co atleta Arturo Ramos (Millaraio). Ambos protagonizaron un fermoso duelo que engrandece os valores deste deporte, e os últimos metros xa quedarán na memoria colectiva dos alí presentes. Primer título autonómico no campo a través para un atleta de Friol.
Pero tamén moi destacada foi a actuación de María Carballido, que noutra actuación de casta e valentía lograba un fenomenal cuarto posto, que a deixou ás portas do pódium, pero que ten como recompensa a súa clasificación para o Campeonato de España Cadete de Cross por Federacións, que se disputará a finais de Marzo en Guadalajara, o mesmo que Adrián.
O resto da actuación dos atletas locales foi a seguinte: Alex López lograba o posto 26, Adil Loussini o 33, Miguel Ángel Sánchez o posto 68 e Angel Martínez o posto 70. O club lograba a cuarta posición por equipos.
Por último, na categoría xuvenil, Cristian Montecelo lograba o posto 19, nunha boa actuación no que era o seu debut nun autonómico de cross, e Tino Villar acadaba o posto 52 na mesma categoría.
CAMPEONATO PROVINCIAL PISTA CUBERTA CATEGORÍA DE MENORES. LUGO
O pasado sábado 24 de Xaneiro, no Módulo de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera, tivo lugar o Campeonato Provincial de Pista Cuberta, a donde acudiron varios atletas do noso club, cun balance total de 7 medallas: 2 ouros, 2 platas e 3 bronces.
As medallas de ouro eran para Cristian Santos no triplo salto, que lograba a victoria cunha mellor marca de 8.73 metros, e para Paula Piñón, que no salto de altura lograba a victoria cuns 1.31 metros, que supoñía unha mellora de 10 cm sobre a súa MMP.
Gran actuación tamén de Andrea Iglesias e Vanesa Blanco no peso e no triple respectivamente. A primeira era plata no lanzamento de peso, cunha mellor marca de 7.38 metros no que era o seu debut nunha proba de atletismo. Pola súa parte, Vanesa lograba a prata no triplo salto cun rexistro de 8.23 metros. Ademáis, completaba a actuación sendo cuarta no salto de altura, saltando 1.23 metros.
As medallas de bronce eran para Samuel Castedo no triple salto, onde facía 8.12 metros, Mario Campos en salto de altura benxamín, cun rexistro de 0.95 metros e Paula Piñón nos 60 metros valos, cunha mellor marca de 12.66. Por último, Noelia Sánchez lograba o sexto posto na proba de triplo salto
CAMPEONATO GALEGO DE CROSS CORTO
Tamén tomaron parte neste evento Jesús Rivas, rematando no posto 151 (5º na súa categoría) e Ester Mourenza, que tamén remataría 5º na súa categoría (posto 63 entre as féminas)
CARREIRA POPULAR DE RÁBADE
Anxela Maneiro lograba a segunda posición na categoría benxamín e Aldara Ceide o cuarto en prebenxamín. Jesús Rivas lograba o posto 200 na proba absoluta e Manuel Ceide o 303
No hay comentarios:
Publicar un comentario